Armadiña

Soci@s na procura da Áncora de Ouro

A localidade pontevedresa de Poio acollerá entre os días 18 e 20 de novembro a que será a segunda edición do Festival Curtas Armadiña.

Esta segunda edición estará amplamente representada por CREA xa que 5 dos 34 traballos seleccionados a competición están dirixidos polxs nosxs socixs.

É o caso de “Ladrones de tiempo” dirixido por Fran X. Rodríguez, “Cartas a Supermán” de David Fidalgo Omil, “ReStart” dirixido por Olga Osorio, “Share o no share” de Juan Hervella-Rego e “Lurna” de Nani Matos.

Ademáis da competición, o Festival realizará un pase especial do Filme “Miss Ledya” que será musicalizado en directo por Severiano Casalderrey.

 

Compartir