cartel_Primavera_Cine

SOCIOS DE CREA PREMIADOS NO IV FESTIVAL PRIMAVERA DE CINE

O IV Festival Primavera de Cine en Vigo vén nos primeiros días de xuño na cidade de Vigo. Durante cinco días exhibironse un total de 57 obras, das que participaron a concurso 8 longametraxes, 22 curtametraxes e 13 vídeoclips.

E dous socios de CREA foron os protagonistas tras recibir os premios á Mellor Longametraxe e Mellor Curtametraxe.

a-volta-dos-nove-1

Antonio Caeiro recolleu o Premio á Mellor Longametraxe con “A volta dos nove”, un documental que nos situa no Val Miñor á comezo da Guerra Civil O 15 de outubro de 1936 un suceso conmocionou a todo o Val Miñor. Logo de ahí, nove inscricións realizadas sobre a terra, decidiron que nunca o esquecésemos.

currican-cartel

 A curtametraxe “Curricán” de Álvaro Gago recibiu o Premio á Mellor Curtametraxe. Unha obra premiada tamén nos Festivais Curtocircuito e Cans. A mirada de Xan Curricán guíanos polas rúas de Vilanova de Arousa, un pobo cheo de grandes cadros e interminables epifanías.

Compartir