Xoan Escudero

Xoan Escudero

Bio
Filmografia
Bio

Vigo (1981), comeza a traballar no mundo do cine como técnico de son nos primeiros anos 2000, ós poucos vai desenvolvendo o seu interese pola dirección e o guión, debuta coa curtametraxe “Curta nº2” en 2009, estreada no Filminho, no 2012 presenta en Cineuropa “Curta nº3” rodada a cabalo entre Compostela, París e Lisboa.

Os seguintes anos adícaos a escritura de guión e escribe dúas longametraxes “Arquitectura e Cine” e “30” para no 2014 fundar xunto con Analía G. Alonso e Sika Lamas a produtora Y La Nave Va. Nese mesmo ano verán a luz a curta “Efecto Chabrol” o didáctico “A Senda da Auga” para a Cidade da Cultura e o seu debut no mundo do videoclip “Éxodo” de Linda Guilala.

No 2017 ve a luz o primeiro proxecto da produtora dirixido por el, O Tempo Futuro, unha película de non ficción que retrata un ano e medio na vida da deportista Bárbara Iglesias (Finalista dos Premios Mestre Mateo e Premio do público no festival Primavera de Cine de Vigo). Pecha o 2017 facendo o videoclip de Suicidio Tímido para Chicharrón.

Agora mesmo traballa no proxecto Carta dende Astana (Письмо из Астаны) un proxecto de non ficción baseado nas súas viaxes á República ex Soviética de Casaquistán.

Filmografia
  • 2017 – O Tempo futuro (Longa de non ficción)
  • 2017 – Suicidio Timido – Chicharrón (Videoclip)
  • 2014 - Éxodo – Linda Guilala (Videoclip)
  • 2014 – A Senda da Auga (Video didáctico)
  • 2014 – Efecto Chabrol (Curta)
  • 2012 – Curta nº3 (Curta)
  • 2009 – Curta nº2 (Curta)
Compartir