manolo_abad

Teo Manuel Abad

Bio
Bio

Director e Realizador de cine e TV.

Os seus comenzos no campo da imaxe foron fotográficos, realizando varias exposicions  (salas Anue, Os Arcados, Mestre Mateo,…), como corresponsal gráfico na primeira revista en galego (“Teima”) e sendo o único galego seleccionado no primeiro Anuario Fotográfico Español (“Quinta Generación”, de Nueva Lente).

A mediados dos setenta colabora cos pioneiros do cinema galego contemporáneo a través das producións do colectivo “Imaxe” en formato Súper 8 e 16 mm. A comezos dos oitenta participou na fundación da primeira produtora audiovisual de Galicia, “Espello Vídeo Cine”,  ó tempo que comenza as suas primeiras videocreacións.

Foi membro fundador do colectivo de arte “A Carón” e as empresas audiovisuais “Triax”, “Zenit”  e “Formateo”.

Formou parte da Comisión de Imaxe de Nova Escola Galega, da Oficina Permanente de Pedagoxía da Imaxe (Gijón), da Comisión Oficial  fundadora da Escola de Imaxe e Son da Coruña e da primeira Xunta Directiva da Academia Galega do Audiovisual.

Foi Xefe de Realización de Programas de T.V.G. e  premio “Santiago” otorgado por T.V.E. a mellor laboura no campo da imaxe.

Seleccionado polo Museo de Arte “Reina Sofia” para a su primeira antoloxía de videocreación en España, “La imagen sublime”, (con “Denantes”), e mais tarde para os seus “Visionarios Españoles” na “Bienal de la Imagen en Movimiento” (con “365”), asi como pola Universidade Internacional Menendez Pelayo e o Museo Español de Arte Contemporaneo (con “O neno con pernas de pomba”). Ten obra permanente no Centro Galego de Arte Contemporanea (“Prologo”).

Entre outros, posue os premios do Festival Internacional de Video de Madrid, Vitoria, Braga…  asi como o Mestre Mateo a mellor longametraxe documental con “Flores Tristes”. Selección Expo-92 (con “Hardo”) e a Mostra Internacional do Festival de San Sebastian  (con “Denantes”).

Participou no libro “Television e Sociedade”, asi como en artículos e cursos sobre imaxe e  comunicación. É profesor do Master Universitario “Creación, Desenvolvemento e Comercialización de Contidos Audiovisuais” da Universidade de Vigo.

Colaborou para a productora de Lisboa “Comunicasom” , desde 1993, nos programas  de TV, “Minas e Armadhillas”, “S.I.C. 10 horas”, “Fatima Lopes”, “As duas por tres” ou “Boca a Boca”.

Entre as suas produccións e xéneros en cine, televisión ou publicidade: Documentais (“Sexo, entre o ceo e a terra”, “Amalia, última noticia”, “Lendas do mar”), Ficción (“Contar”, “Pequeno Hotel”), Magazines (“Encontros”, “Corazonada”), Humor (“O mellor”, “Con perdón”),  Musicais (“Luar”, “Mar a mar”), Experimentais (“A mellor television do mundo”, “TV pirata”), Campañas, (“Galicia Terra Unica”, “Xacobeo”), Concertos  (“Elton Jhon”,  “Santana),…

Compartir