Carlos_Seijo

Carlos Seijo

Bio
Filmografia
Bio

#FORMACIÓN

Con 20 anos comeza a traballar como ilustrador para varias axencias de publicidade mentres estuda a carreira de Belas Artes. Na súa etapa formativa realiza varias curtametraxes e pezas de vídeo-creación de marcado carácter plástico polas que é premiado en diferentes certames e festivais.

#PAIXÓNS

A súa paixón polo proceso creativo móvelle a realizarse en múltiples facetas do espectro audiovisual. “Dante Symphony”, un proxecto da ONG Help Children Barcelona, a curtametraxe “Kune” ou o documental “O Espantallo Amigo”, son pezas nas que desenvolve todo o deseño conceptual e artístico, así como as animacións en 3D e a composición musical.

#CREATIVIDADE

Carlos está aos mandos de Maxina, unha axencia creativa na que leva a cabo tarefas de dirección, creatividade e branded content para formatos audiovisuais. Nela veñen realizando diferentes traballos que pouco a pouco van obtendo recoñecemento, como é o caso do videoclip “Olas del Sur”, finalista nos Hollywood Music Awards 2015.

Filmografia
  • Videocreación Cordero Místico (2004)
  • Videocreación Fondendo na Habitación de Pai e Nai (2005)
  • Curtametraxe Élévation (2006)
  • Curtametraxe Sen Escrúpulos (2007)
  • Curtametraxe Pode Ser (2008)
  • Curtametraxe Empatía (2009)
  • Curtametraxe Kune (2010)
  • Guionista en spots de desenvolvemento sostible da Familia Pampín de Miguelanxo Prado (2010)
  • Realización do documental Canto de Permanencia de Uxío Novoneira (2011)
  • Spot para compañía eléctrica Esinor (2012)
  • Spot para a ONG Help Children Barcelona (2012)
  • Animacións en 3D para Dante Symphony (2013)
  • Animacións para o Abastos 2.0 (2014)
  • Videoclip para o tema Olas del Sur de Daniel Minimalia (2015)
  • Cabeceira para a serie En Coma estreada na TVG (2015)
  • Documental Testimonio Santos para Cocinas Santos (2015)
  • Documental O Espantallo Amigo protagonizado por Xosé Neira Vilas (2015)
Compartir