37 (1)

J.M. Sagüillo

Bio
Filmografia
Bio

Vigo, 1978. Licenciado en Belas Artes e cun Máster en Produción Profesional 3D pola “Aula Temática Digital Center”, posúe un amplo percorrido profesional diversificado no sector artístico e audiovisual como director, editor, animador 3D, muralista de gran formato, deseñador gráfico e ilustrador dixital.

Director da webserie “Dálle Jas!”, entre os seus últimos traballos cabe destacar os videoclips realizados para Kalandraka Editora de autores como Migallas Teatro (Canta connosco!) ou Paco Nogueiras (Brinca vai!) e os videoclips “Linda” de Indi Tumbita (Bay vibrations) ou “Pan de Millo” de Migallas Teatro. Tamén realizou diferentes encargas para campañas publicitarias tanto no apartado audiovisual como no de deseño.

Actualmente traballa como profesional independente do sector audiovisual e artístico, así como participa no apartado técnico en diferentes espectáculos teatrais.

Filmografia

2015-2016 Webserie Dálle Jas!
2016 Videoclips “Canta connosco!”
2016 Videoclip “Linda”
2015 Videoclips “Brinca vai!”
2015 Videoclip “El Corrido de Don Pedro”
2012 Cortometraje de animación “Dream”.

Compartir