Alejandro Rodriguez

Alejandro Rodríguez

Bio
Filmografia
Bio

Alejandro Rodríguez, Tomiño 1995.

Graduado en Comunicación Audiovisual.

Durante o Grao, completa a súa formación tanto en dirección e dirección de fotografía en cine, como en fotografía con diversos cursos e talleres. En 2016 dirixe a súa primeira curtametraxe, “Fume”. Nos anos seguintes traballa tanto como axudante de dirección, como de director de fotografía en diferentes curtametraxes e web series.

En 2018 escribe e dirixe a súa segunda curtametraxe, “Lonxe”. Uns meses despois, codirixe xunto con Ana Campos a curtametraxe “Vía Láctea”. Durante ese ano colabora como axudante de cámara na longametraxe “Ursúas” de Roi Fernández.

Actualmente traballa na preprodución dunha nova curtametraxe, “Bitácora”, ademáis de seguir formándose tanto en dirección de actores como en dirección de fotografía.

Filmografia

· Bitácora (Curtametraxe en preprodución) Co-guión e co-realización. 2019
· Vía Láctea (Curtametraxe) Co-guión e co-realización. 2018
· Lonxe (Curtametraxe) Guión e dirección. 2018
· Fume (Curtametraxe) Dirección. 2018

Compartir