Carlos-prado-pampin(2) okok

Carlos Prado Pampín

Bio
Filmografia
Bio

Marín (Pontevedra), 1982. Xornalista e Técnico Superior de Imaxe. Cando Carlos tiña 7 anos, o seu pai inaugurou un vídeo club en Seixo (Marín) que marcou a vida do rapaz. Prado Pampín criouse entre os estantes das cintas de Beta e VHS papando unha película tras outra mentres o seu pai atendía aos clientes. Con 12 anos, Prado Pampín recibe como agasallo unha cámara de vídeo coa que comeza a trastear e a gravar o que se poñía por diante.
Carlos iniciouse no mundo audiovisual no ano 2000, cando ingresou na Escola de Imaxe e Son de Vigo, onde obtivo o título de Técnico Superior de Imaxe. Prado Pampín traballa para a TVG como operador de cámara en programas informativos e de variedades. No 2007 obtén a licenciatura en Xornalismo na USC. Mentres realiza a carreira en Santiago, comeza a grabar as súas primeiras curtas e documentais como director e guionista.
Tras pasar por Radio Voz como locutor e polo diario AS como redactor, no 2008, Prado Pampín ficha pola televisión nacional La Sexta, na súa delegación de Galicia, onde traballa na actualidad como reporteiro. Carlos combina o seu traballo de xornalista coa rodaxe de curtas de ficción e documentais, como “Vellas”, unha curta sobre o amor de dúas mulleres da terceira idade nunha aldea galega, ou “Homes de xeo”, un documental sobre a vida dos galegos na Antártida a bordo do buque Hespérides.

Filmografia

Operador de cámara

· CRUCES DE PEDRA (Curta documental) 2002
· EN LA OSCURIDAD (Curta de ficción) 2002

Director e guionista

· VALLE INCLÁN, UNHA VIDA POR GALICIA (Curta documental) 2005
· DEUS JANO (Curta de ficción) 2005
· SE DESNUDA EL ALMA (Curta documental) 2005
· CURRICULUM VITAE (Curta de ficción) 2006
· TEBRAS (Curta de ficción) 2006
· OS XENERAIS DO ULLA (Curta documental) 2007
· ALÍ E ALÁ (Curta de ficción) 2007
· ENCONTROS NA TERCEIRA IDADE (Curta de ficción) 2007
· EL CAMINO DEL BURRO (Curta documental) 2008
· VELLAS (Curta de ficción) 2008
· A MANO O A MÁQUINA (Curta documental) 2015
· HOMES DE XEO: GALEGOS NA ANTÁRTIDA (Mediometraxe documental) 2017

Compartir