Adriana

Adriana Pérez Villanueva

Bio
Filmografia
Bio

[Corcubión, 1987] Licenciada en Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela. Especializouse en Animación na Escola de Cine de Madrid. Foi bolseira na televisión local de Chantada, Televinte, e no Festival de Animación Animacam en Sandiás.
Dende o 2012 é integrante da produtora audiovisual Illa Bufarda, onde desenvolve a súa actividade creativa e docente.

Filmografia

Dirixiu o documental Con Etiqueta (2012) sobre a saúde mental con persoas diagnosticadas e coas súas familias na Asociación Pro Saúde Mental A Creba.

Formou parte do proxecto Videocartas Galiza-Berlín (2014) arredor da emigración galega dende mediados do século XX.

Na Illa Bufarda, codirixiu xunto con Sabela Iglesias, moitos proxectos audiovisuais como:
• Aberto e con Fume (longametraxe documental, 2017). Para Comunidade de Montes de Tameiga e CSCD As Pedriñas.
• Patrimonio Habitado (longametraxe documental, 2016). Para a Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés.
• Fíos Fóra (longamentraxe documental, 2015). Para Amarante Setem.
• Xela e a Palabra (curtametraxe documental, 2014) Para Consello da Cultura Galega.
• Música e poesía en Luísa Villalta (curtametraxe documental, 2014) Para Consello da Cultura Galega
• Olladas sobre o Museo do Pobo Galego: animación fotograma a fotograma (instalación audiovisual, 2013) Para Museo do Pobo Galego.
• Coa mira no porvir (Curtametraxe documental, 2013) Unha curtametraxe documental homenaxe a Fernández del Riego. Para Asociación Galega de Editores/as.
• Isaac, o editor da memoria (Curtametraxe documental, 2012). Para a Asociación Galega de Editores/as.
• No tren de Carlos Casares (Curtametraxe documental, 2012). Para a Asociación Galega de Editores/as.

Compartir