2018-01-18-PHOTO-00000245

Oscar Pardo

Bio
Filmografia
Bio

Óscar Pardo leva 14 anos traballando no sector audiovisual galego, compaxinando traballos como realizador, montador, animador e postproductor.

A forma máis sintética de resumir o seu traballo quizais sexa dividíndoo por tarefas:

Como director podemos destacar videoclips dos grupos “Aphonnic”,“Eladio e os seres queridos” “The Soul Jacket” ; spots publicitarios como “Introducing Vigo in London”, “Rías Baixas en los albores de la historia”, “Espíritu Rías Baixas”, “PortAmerica 2014”, etc ; e as curtametraxes “El Regalo de Sofía”, “Maletas”, e “Madison”.
• Traballou como realizador en directo en diversas galas, eventos deportivos (entre os que podemos salientar a saída da Volvo Ocean Race ou O Marisquiño), ou os directos musicais de Vetusta Morla, The Gift, Julieta Venegas (emitidos na TVE), a xira de Xoel López “A Caravana Americana” e os festivais VigoTransforma, Cultura Quente e PortAmérica.
Guionizou tódalas súas curtametraxes: “El Regalo de Sofía”, “Maletas” e “Mádison”; ademais de moitos dos spots e videoclips que dirixiu.

Como montador firma as longas documentais “Alén do Cosmos”, “O imperio téxtil”, “A cidade da selva”, “O club dos sen teito”, “A illa dos dez”, “Da regueifa ó rap”, “Llanos, tres xeracións de fotógrafos” ou “Xoel López, e a caravana americana”, e a curta documental “La mujer invisible”. Tamén a docu serie “Man de nós”, ou os programas “Ribeiras de Salitre”, “Pescadores de Historias”, ademais dun grande número de spots, e vídeos promocionais de toda índole.

Como animador e postproductor é o responsable das cabeceiras dos programas de TV “De quen ves sendo”, “Xiz”, “Control V”, “Informativos V televisión”, entre outros, ademais de numerosas campañas en Motion Graphics. Tamén se encarga da imaxe de continuidade de V Televisión (promos, bumpers, infografías, idents, etc…)

A principios do 2016 crea unha firma de seu, Islandia, con intención de agrupar e impulsar os proxectos propios.

Filmografia

CURTAMETRAXES 
Guión e Dirección “El Regalo de Sofía”(2005), “Maletas(2003)”, e “Madison(2002)”, Edición “La Mujer Invisible” (2017)

VIDEOCLIPS (Dirección)
“Aphonic”(2009), “Eladio y los seres queridos”(2011), “The Soul Jacket”(2017)

DOCUMENTALES (Edición)
“O imperio téxtil”(2005), “A cidade da selva”(2006), “O club dos sen teito”(2006), “A illa dos dez”(2006), “Llanos, tres xeracións de fotógrafos”(2007), “Xoel López, e a caravana americana”(2015).

REALIZACIÓN (Directos)
Directos musicais de Vetusta Morla, The Gift, Julieta Venegas (emitidos na TVE), a xira de Xoel López “A Caravana Americana” e os festivais VigoTransforma, Cultura Quente e PortAmérica, entre outros. O evento deportivo
O Marisquiño.

ANIMADOR 
cabeceiras dos programas de tv, “De quen ves sendo”, “Xiz”, “Control V”, “Informativos V televisión”, “Casamos”
imaxe de continuidade de V Televisión (promos, bumpers, infografías, idents, etc…).
Varios Spots e campañas de publicidade en motion graphics, c4d…

TELEVISIÓN
“Rias Baixas”(Aux realización), “Efectos secundarios” (Edición), programas tv (Edición),”Man de nos”, “Pequeno Gran Show”, “Ribeiras de Salitre”, “Pescadores de Historias”, programas tv (mezclador), Verbenalia, Premios Martín Códax , “O son das letras”.

Compartir