Olga Osorio6

Olga Osorio

Bio
Filmografia
Bio

Olga Osorio é de Lugo e antes de aventurarse no mundo da dirección fixo unha chea de cousas: xornalista; fotógrafa;  escritora e guionista ou deseñadora gráfica, entre outras, aparte de dar clase na Escola de Imaxe e Son da Coruña e na facultade de Ciencias da Comunicación da mesma cidade.

Estreouse como directora co videoclip Garden’s Road (2014), codirixido con Juan Galiñanes (Mestre Mateo ao mellor videoclip en 2015 e gañador de outros doce galardóns en festivais de todo o mundo), e en 2015 dirixiu a curta ReStart, estreada na sección oficial de Sitges e seleccionada en numerosos e destacados festivais nacionais e internacional, así como o videoclip Buscando a Superfama, dos Heredeiros da Crus, polo que recibiu o Mestre Mateo al mellor videoclip en 2016.

Ademáis foi a produtora da curtametraxe 3-1=0 de Juan Galiñanes, galardonada co Mestre Mateo á mellor curtametraxe en 2014, e directora de foto dos spots da festa do Albariño, entre outros traballos.

Filmografia

-“ReStart” (2015)

-“Buscando a Superfama” (2015)

-“Garden’s Road” (2015)

-“Einstein-Rosen” (2016)

Compartir