miguel_conde

Miguel Conde

Bio
Filmografia
Bio

Vilagarcía 1975. Comezou no sector audiovisual no ano 1997 na empresa Productora Faro onde traballou de cámara, montador e realizador.

No ano 2002 da o salto á dirección con Zenit Tv na serie da TVG “Rías Baixas“, tamén nas series “Gondar”, “Maridos e mulleres”, “Valderrei” e no documental “Astano, a forxa dun soño“.

No 2006 realiza con Pórtico Audiovisuales os programas “Noitemobil” e “Antes do silencio”.

No 2008 trasládase a Valencia onde dirixe durante seis tempadas a exitosa serie de Canal 9 “L´Alquería Blanca”, referente da ficción valenciana (Premio ATV “Mellor Serie Autonómica 2010”, Premio Especial “Tirant Avant” 2010, Premio Berlanga 2008 “Mellor producción”) e dúas tempadas da serie “Bon día Bonica” (Premio ATV “Mellor serie Autonómica 2012”).

De novo en Galicia dirixe a súa primeira Tv movie “O bonito crime do carabineiro”, conto de Camilo José Cela (Premio “Mellor Tv Movie” no Festival de Cine de León 2011), realiza o piloto da serie “Búnker” con Portocabo e Voz Audiovisual para Telecinco e dirixe dúas tempadas da serie “Padre Casares” para a TVG.

No 2010 trasládase a Madrid onde dirixe a serie “90-60-90” con Diagonal Tv para Antena 3, no 2013 a serie “Gran Reserva, El Origen” con Bambú Producciones para TVE e no 2014 o programa “Ciento y la madre” con La Competencia para Mediaset.

En 2014 estrea con en TVG a serie “Serramoura“, producida por Voz Audiovisual.

Filmografia

SERIES:

  • “Rías Baixas” 200-2004
  • “Gondar” 2004
  • “Valderrei” 2007
  • “L´Alquería Blanca” 2007-20012
  • “Bon día Bonica” 20010-2011
  • “90-60-90, Diario secreto de una adolescente” 2009
  • “Padre Casares” 2011-2012
  • “Gran Reserva, El Origen” 2013
  • “Serramoura”  2014
  • “Seis Hermanas” 2015
  • “Bajo Sospecha” 2016

  • “Segunda Oportunidade” 2016
  • “El Final del Camino” 2016

TV MOVIES

  • “O bonito crime do carabineiro” 2009

PROGRAMAS

  • “Noitemobil” 2006
  • “Antes do silencio” 2006
  • “Ciento y la madre” 2014

DOCUMENTAIS

  • “Astano, a forxa dun soño” 2008
Compartir