Alfonso Merino

Alfonso Merino

Bio
Filmografia
Bio

Alfonso Merino (A Coruña, 1985)

- Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo (2014).

Dende pequeno sempre tiven fixación por todolos trebellos que fosen capaces de rexistrar audio e/ou video. Cheguei ao audiovisual pola parte do audio. Tras 10 anos como músico (violinista) e técnico de son, gravando e tocando con xente como X.M Budiño, Roi Casal, Sondeseu ou Carlos Núñez din o paso cara o video.

Despois de graduarme estiven traballando de editor de video e colorista en Mountain View, California, onde tiven a sorte de traballar para clientes coma Google, Facebook, Synology, etc… Fixen varios spots para a FOX ou a NBC, traballando con cámaras e equipamento de primeiro nivel (RED EPIC, ARRI Alexa), sendo encargado do workflow, editor de video, colorista e facendo a mestura de audio.

Actualmente resido de novo en Galicia, e traballo como director, editor e colorista freelance.

Ademáis son operador e piloto de drones, autorizado por AESA e con equipo propio.

Filmografia

Como director/realizador:

- Spots Happy Go Running (2016)
- Videos presentación Campus Crea S2i (2015)
- Promocional “Escola de Teleco, Universidade de Vigo” (2014)
- Directo (streaming), Concerto de Nadal Universidade de Vigo (2013)
- Videocreación “Música Doméstica” (2012)
- Videoclip “Un polvo botábao” de Medomedá (2012)

Compartir