Marta Piñeiro

Marta Piñeiro

Bio
Filmografia
Bio

Marta Piñeiro
Allariz, Galicia. 1972

Directora nas series da Televisión de Galicia (TVG): Rías Baixas, Libro de Familia, O Nordés e Matalobos. Premio Mestre Mateo á Mellor Realización en 2009 e 2011 polas dúas últimas.

Dirixe dende 2009 as segundas unidades da serie Padre Casares.

O seu traballo Aprendendo a cambiar o conto (2014), experiencia audiovisual con adolescentes sobre igualdade de xénero, foi seleccionado en Arxentina no 6º Festival Latinoamericano Imágenes Sociales e no V Festival Internacional de Cine Mujeres en Foco.

Titulouse en 1998 en Realización e Posprodución de Audiovisuais e Espectáculos na Escola de Imaxe e Son de A Coruña. Ten formación universitaria e profesional en comunicación, guión, dirección e montaxe.

Participou nas rodaxes de Blanca Madison e A língua das Bolboretas antes de iniciar a súa actividade profesional como Axudante de Dirección e Realización nas series da TVG Rías Baixas e As Leis de Celavella. Posteriormente, dirixiu o programa Xcanto, interveu ocasionalmente en proxectos publicitarios e foi Realizadora nos programas da Televisión de Galicia: A vida aberta, Isto é noticia e De Zine.

Xurado en varias edicións do MUFEST, festival galego de cine feito por mulleres, ten impartido formación, entre outras entidades, na SGAE e centros de ensino medio e universitario.

Filmografia

Directora en Series emitidas na TVG
Padre Casares | 2009-2014
Matalobos | 2010-2012
O Nordés | 2009
Libro de Familia | 2004-2008
Rias Baixas | 2002-2003

Directora-Realizadora en Programas TVG
• Xcanto | 2003

Realizadora en Programas TVG
• A vida aberta | 1999-2000
• Esto é noticia e Dezine | 1999

Documental
• Aprendendo a cambiar o conto | 2014
• A Limia. Museo Etnográfico da Limia | 1996

Publicidade
• Colaboracións co estudio uqui.net | 2004 e 2007

Axudante Dirección-Realización
• Rias Baixas | 2000-2002

Axudante de Realización
• As Leis de Celavella | 2003-2004
• Informativo de ATLAS. Tele5 | 1999

Compartir