mariana_carballal

Mariana Carballal

Bio
Filmografia
Bio

Mariana Carballal, licenciada en Arte Dramática e con Mestría en Teatro e Sociedade, é profesora de Interpretación da ESAD de Galicia e profesora de Dirección e Interpretación en Comunicación Audioviual na Universidade de Vigo.

Actriz de Teatro, Tv e Cine.

Manos a la Obra, Nada es para Siempre, Mareas Vivas, Terras de Miranda, Hospital Central, Pratos Combinados ou O Show dos Tonechos en TV; La Piel que habito, Sinbad, El Patio de mi Cárcel, Cuando vuelvas a mi lado, O Ano da Carracha, en Cine) son algúns dos títulos da súa traxectoria como actriz.

Como Directora arrancou e dirixiu os 50 primeiros capítulos de Libro de Familia (serie de éxito da TVG).

Directora da Gala dos Premios María Casares no 2009.

Coordinou e dirixiu o Proxecto “Os Soños de Walla”, da ESAD de Galicia e o Fondo Galego de Solidariedade no 2010.

No ano 2011 presenta o programa Gran Cambio para TVG, e dirixe e co presenta a Gala do Deporte da Universidade de Vigo. Estrea sit com ESCOBA! Para TVG, sendo súa a Idea Orixinal, a Edición de guión e a Dirección da mesma.

No 2012-13 continúa con ESCOBA!, dirixe Microteatro para as Salas La Tuerka de A Coruña, A Regadeira de Adela en Santiago de Compostela e Se abre el Telón en Madrid, imparte Curso de Interpretación para Cámara para AISGE , ponse ao fronte da VII edición de Teatro Radiofónico da Radio Galega, participa como actriz na serie SECRETOS de Ecuavisa(Ecuador) e finalmente dirixe o piloto 50+IVA para as televisións ecuatorianas.

Filmografia

Dirección 50 capítulos Libro de Familia (Serie para TVG)
Idea, dirección e Edición de ESCOBA! (Sit Com para TVG)

Compartir