luis_aviles

Luis Avilés

Bio
Filmografia
Bio

Formado en Dirección e Montaxe Cinematográficos no CECC (Centre de Estudis Cinematografics de Catalunya).

Realizador de programas de TV como CRIATURAS e CASAMOS de TVG, ambos líderes de audiencia nas suas respectivas franxas.

Director da curtametraxe A SUBELA (2003) escollido pola Xunta de Galicia para a difusión do audiovisual galego no exterior e presente nun gran número de festivais.

Director da longametraxe RETORNOS (Vacafilms, 2010), presente , entre outros, nos festivais de Montreal, Valladolid, Sao Paulo e León e gañador de 2 premios do Audiovisual Galego (premios Mestre Mateo).

Nominado coma mellor director nos premios do Audiovisual Galego (premios Mestre Mateo) por RETORNOS e preseleccionado para os Goya na categoría de Mellor Director Novel.

Realizador xunto a Cesar Souto do documental OS DÍAS AFOGADOS

Realizador, operador e montador de videoclips e diferentes traballos institucionais, industriais e socias.

Filmografia
  • A Subela (Curta 35mm)
  • O Regreso Permanente (Doc)
  • Retornos (Longametraxe 35mm)
  • Os Días Afogados (Doc)
Compartir