Processed with VSCO with b5 preset

Lucía Estévez

Bio
Filmografia
Bio

Lucía Estévez é unha directora interesada no traballo actoral na ficción. En concreto, profundiza nas estruturas familiares, o movemento e a danza en escena. Gradúase en 2016 en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, realizando un Erasmus a O Porto, onde afonda no ámbito artístico e plástico. Dende entón traballa con diferentes produtoras e compañías teatrais galegas. Pola súa implicación e compromiso co traballo actoral, continúa a súa formación actualmente en cursos de interpretación con profesionais do cine e do teatro como Andrés Lima e Alain Vigneau. En 2019 recibe o Premio CREA a Mellor Dirección Galega no Festival Internacional Curtocircuito pola súa curtametraxe “Arrolo” e o Premio a Produción no Carballo Interplay para realizar a serie para internet “XAN”, co-creada xunto ao actor e guionista Miguel Canalejo.  En 2018 dirixe Sendeiro, curtametraxe subvencionada por AGADIC e ese mesmo ano tamén recibe o Premio María Luz Morales polo seu videoensaio “Muller Personaxe”, unha peza experimental que investiga o papel da muller en pantallas galegas.

 

 

 

 

Filmografia

· XAN (serie para internet, ficción, 2020)
Premio a Produción Carballo Interplay 2019

· ARROLO (curtametraxe ficción, 2019)
Premio CREA Mejor Dirección Gallega 2019, Festival Internacional Curtocircuito 2019

· MULLER PERSONAXE (videoensaio, 2018)
Premio María Luz Morales II – Videoensaio sobre audiovisual galego

· SENDEIRO (curtametraxe ficción, 2018)
Subvención de creacio´n para o desenvolvemento e promocio´n do talento audiovisual galego 2017

· CUNA (curtametraxe documental, 2016)

 

 

 

Compartir