Alvaro-Perfil

Álvaro Liste

Bio
Filmografia
Bio

Álvaro Liste (Ordes, A Coruña. 1977).

É Licenciado en Comunicación Audiovisual (Segovia, 2002) e un namorado do cinema, primeiro como espectador e logo como creador.

Nos seus inicios profesionais foi redactor xornalístico, traballou de freelance como guionista, realizador e editor de vídeos e tamén fixo curtametraxes experimentais. No teatro foi produtor e actor na obra “Todo lo que digamos tres veces es verdad” (Dir.: Erick Leyton) coa compañía “Títeres sin cabeza”. Na ópera traballou como axudante de dirección en “Tosca” (do dramaturgo Xosé M. Rabón). En TV comezou na primeira temporada da serie “Historias de Galicia” (Dir.: Ricardo Llovo) de TVG en labores de produción.

En 2006 fíxose productor independente ca curta “Danza na Terra” que formou parte dunha escolma de obras representativas do audiovisual galego en Berlín.

Durante 2007 e 2008 traballou, como produtor na empresa Emotion TV, en retransmisións e espectáculos. Tamén foi realizador de vídeos para a web “nsaio.org”.

Nos anos seguintes foi un dos cinco fundadores da empresa GSEIS AUDIOVISUAIS, (2008-2014) que desenrolou a súa actividade na realización de directos para TV, internet, servizos ENG a produtoras, a parte de documentais: “Man Fred, home sen paz” (Dir.: Simón Vázquez), “Uxío Novoneyra: Poeta/Alén” (Dir.: Iván L. Gimeno) e múltiples pezas audiovisuais de distintos formatos.

Nos últimos tempos foi editor de programas para TVG (“Verbenalia”, “Naqueles Tempos” –Dir.: Suso Iglesias-).

Na actualidade traballa como produtor e realizador independente.

Filmografia

-Documental:
“Danza na Terra” 2006. 23 min. AGADIC. Produción.
“Looking for waves” 2009. 13 min. Mr. Misto/Turismo FerrolTerra. Realización/produción.
“Paixón” 2010. 17 min. Mr. Misto/Turismo FerrolTerra. Realización/produción.
“Man Fred, home sen paz” 2010. 76 min. InfernosTV/GSeis Audiovisuais/TVG. Produción.
“Uxío Novoneyra: Poeta/Alén” 2012. 83 min. GSeis Audiovisuais/AGADIC. Produción.
“XV Mercado Medieval de Alfoz” 2013. 19 min. Asociación O Castelo. Realización.
“Un Mar Verde” 2014. 25 min. Concello A Pastoriza. Realización.
“A unión fai a forza” 2015. 28 min. Asociación Agromuralla. Realización.
-Curtametraxes:
“A Virxe” 2010. 5 min. Realización.
“Prueba de Lealtad” 2016. 11 min. Realización.
-Experimental:
“Lembras, Lía” 1015. 3 min. Realización.
-Videoclip:
“Ojos de Miel” Mikel Erentxun. 2015. Warner Music. Realización.

Compartir