2018-09-22-2

Norberto Leivas

Bio
Filmografia
Bio

Naceu na cidade neboenta e cinematográfica de Lugo o 15 de xullo de 1983. Medrou no seo dunha familia adicada ao mundo da educación, polo que obtivo a Diplomatura de Maxisterio pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2004. Exerce como mestre de Educación Primaria dende hai 12 anos, nos que percorreu todos os camiños da Comunidade Autónoma. Pero leva unha dobre vida, xa que neste tempo tamén obtivo o Máster de Dirección de Cine e escribíu e dirixíu vídeos musicais para bandas e artistas como Milesios e Xesús Villarino.
No ano 2018 recibíu o Premio a Mellor Guión de Curtametraxe por ‘A Secuencia’ no Festival de Cinema Fantástico da Coruña FKM.
Ademais, colaborou como redactor na páxina especializada en series laconstante.com.
Nas escolas, utiliza o propio sétimo arte como ferramenta para que os/as alumnos/as acaden os seus obxectivos curriculares.
Non é de estrañar que se namorara a primeira vista dunha arte que parecía fusionar as outras polas que tamén tiña e ten paixón: a literatura, o debuxo, a fotografía e a música.
O Universo Cinematográfico sempre supuxo un segundo fogar para el, non so como lugar de entretemento, senón como vehículo para coñecer outras culturas, formas de ser e ampliar o seu mundo interior. Agora sinte que é o momento axeitado para deixar de ser habitante e pasar a ser un novo anfitrión creativo coa finalidade de devolverlle un pouco da maxia coa que sempre lle obsequiou.

 

 

Filmografia

2012 – Vídeo musical ‘Irea’ do artista Xesús Villarino.
2013 – Video musical ‘Alén Mar’ da banda de música Milesios.
2018 – Guión da curtametraxe ‘A Secuencia’, premiado no FKM do mesmo ano.

 

 

Compartir