Oliver Laxe

Óliver Laxe

Bio
Filmografia
Bio

Fillo de emigrantes galegos, Oliver Laxe naceu en París en 1982.

Cando tiña seis anos regresou coa súa familia a Galicia para instalarse na Coruña. Despois de estudar cine e realización en Barcelona (Universidade Pompeu Fabra), marchou a Londres onde realizou en 2006 a curtametraxe en 16 mm. E as chemineas decidiron escapar en colaboración con Enrique Aguilar. Esta curta foi proxectada no Festival Internacional de Cine de Xixón e obtivo o Premio Val del Omar del Festival de Cine Experimental de Granada e o Premio INJUVE 2007.

Dende hai oito anos reside en Marrocos. Alí realizou en 2007 Soa unha trompeta, agora vexo outra cara, unha homenaxe a Andrei Tarkovsky incluída na edición española en DVD da película Une journée dans la vie d’Andrei Arsenevich de Chris Marker. Ese mesmo ano volve a Galicia para rodar unha curtametraxe en 16 mm. titulada París #1, que obtivo o primeiro premio no Filminho e o premio ao mellor documental galego no Play-Doc. Esta película foi exhibida ademais no BAFICI, o Indielisboa e o Festival Internacional de Cine de Las Palmas.

En Tánxer creou e desenvolveu Dao Byed, un obradoiro de creación cinematográfica en 16 mm. con nenos en situación de exclusión social.

Todos vós sodes capitáns, nacido no marco desta experiencia, foi a súa primeira longametraxe. Estreouse internacionalmente na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes do 2010, onde gañou o premio FIPRESCI.

As Mimosas é o seu seguinte proxecto.

 

Filmografia
  • Paris #1 (Curtametraxe. 2008)
    • Premio a Mellor Curtametraxe no Filminho
    • Premio a Mellor Documental no PlayDoc
  • Soa unha trompeta, agora vexo outra cara (Curtametraxe. 2007)
  •  E as chemineas decidiron escapar (Curtametraxe. 2006)
    • Premio Val del Omar no Festival de Cine Experimental de Granada
    • Premio INJUVE
Compartir