jairo-iglesias

Jairo Iglesias

Bio
Bio

Nacín fai 23 anos en Santiago de Compostela.

“Tésis” de Alejandro Amenábar foi o punto de partida que fixo que me decidise a estudiar cine, e agora Amenábar é o meu referente máis claro.

Cursei estudios de Imaxe e Realización de audiovisuais na Escola de Imaxe e Son da Coruña, e ademáis de guionizar e dirixir principalmente curtametraxes, tiven a sorte de ser operador de cámara en reportaxes, curtas e montador en diversos proxectos.

Con CICATRICES a nosa segunda curta conseguimos o premio MESTRE MATEO Á MELLOR CURTA DE FICCIÓN 06 da ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL, e eu a nivel persoal conseguín a etiqueta de ser o director máis novo en acadar este galardón.

Ó ano seguinte, con ROSA DOS VENTOS volvimos  estar NOMINADOS Á MELLOR CURTA DE FICCIÓN 2007 nos mesmos premios. Despois veu CORES, a nosa curtametraxe máis premiada con máis de 14 premios en festivais Nacionais e Internacionais. Gracias a ela conseguín coñecer unha parte de España.

Ao carón da produción de curtas impartín diversos seminarios sobre Guión, Fotografía, Documental, Curtas…etc.

A mediados de 2009 decidín que era o momento de ir un pouco máis aló, e xunto a Sara (a miña axte. De dirección dende o comezo) decidimos poñer en marcha PIXEL FILMS, unha productora de cine dixital con tecnoloxía RED ONE sendo desta forma os primeiros en ofertar estes servizos en Galicia.

Compartir