Sabela Iglesias

Sabela Iglesias

Bio
Filmografia
Bio

[Mesía, 1987] Licenciada en Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela. Realicei un Máster de Fotografía, Imaxe Dixital e Deseño Audiovisual na Escola Elisava de Barcelona. Fun bolseira en La Voz de Galicia como fotoxornalista e tamén no Clúster Libro de Galicia como responsable de comunicación e xestión da entidade. Traballei como creativa audiovisual para unha compañía irlandesa de turismo de xeito autónomo, teño realizado diversos proxectos e encargos fotográficos e formei parte do consello editorial da Revista de fotografía Caleidoscópica. Dende o 2012 son integrante da produtora audiovisual Illa Bufarda, onde desenvolvo a miña actividade creativa e docente.

Filmografia

• Aberto e con Fume (longametraxe documental, 2017). Para Comunidade de Montes de Tameiga e CSCD As Pedriñas.
• Patromonio Habitado (longametraxe documental, 2016). Para a Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés.
• Fíos Fóra (longamentraxe documental, 2015). Para Amarante Setem.
• Xela e a Palabra (curtametraxe documental, 2014) Para Consello da Cultura Galega
• Música e poesía en Luísa Villalta (curtametraxe documental, 2014) Para Consello da Cultura Galega
• Olladas sobre o Museo do Pobo Galego: animación fotograma a fotograma (instalación audiovisual, 2013) Para Museo do Pobo Galego.
• Coa mira no porvir (Curtametraxe documental, 2013) Unha curtametraxe documental homenaxe a Fernández del Riego. Para Asociación Galega de Editores/as.
• Isaac, o editor da memoria (Curtametraxe documental, 2012). Para a Asociación Galega de Editores/as.
• No tren de Carlos Casares (Curtametraxe documental, 2012). Para a Asociación Galega de Editores/as.

Compartir