Ángeles_Huerta

Ángeles Huerta

Bio
Filmografia
Bio

Directora, guionista e actriz ocasional.

Profesora de linguas vivas, porque de algo hai que comer.

No 1983 os reis trouxéronme un Cinexin que destripei con singular entusiasmo.

Trinta anos despois conseguín ir estudar cine á Met Film School de Londres.

A morriña trouxome de volta.

Entre medias, destrocei varias cámaras máis e fíxen algunhas curtas.

Agora mesmo estou preparando a miña primeira longametraxe, que levará por título “Esquece Monelos“. Unha película sobre os meandros da memoria, sobre ríos sepultados, sobre todas esas cousas que primeiro agochamos e logo esquecemos que están aí. Ata que -un día calquera, sen avisar- chove de máis e as tuberías rebentan.

Filmografia
  • The Fetch (2014, 10 min) – Dous descoñecidos unidos por unha forza misteriosa. Unha película sobre homes e bicicletas, inspirada na novela de Flann O’Brien “The third policeman”.
  • Normal people (a smartphone tragedy) (2013, 5 min) – Lucy é normal. Duncan é normal. Lucy e Duncan son unha parella normal. Unha traxicomedia sobre o absurdo da normalidade.
  • Roma è troppo lontana (2013, 26 min) – O Impero está en crise. Os bárbaros están ás portas. Roma está asolada pola peste. E o fillo do César ten que percorrer a Gallaecia para resolver os tres enigmas que lle encomendou a Sibila. Están tolos estes romanos?
  • Io ti ailoviu (amore ossoleto) (2011, 28 min) – Raffaela Carrá, Laura Pausini, Patty Pravo…Nanni Moretti sempre quixo facer un musical sobre un panadeiro troskista e nós atrevímonos con esta comedia de ciumes, traizóns e clásicos de San Remo.
  • Corredor (2009, 5 min)- “Hay días en que valdría más no salir de la cama”. Xa o di a canción.
  • Il Padrino (o qualcosa di simile)  (2009, 28 min) – Unha parodia do clásico de Coppola na que chineses e italianos se disputan o control da cidade da Coruña.
Compartir