Hervella-Rego

Juan Hervella-Rego

Bio
Filmografia
Bio

Nado en Ourense. Director, guionista, actor e coreógrafo. Filmou as primeiras curtametraxes en canto puido ter aceso a unha cámara de vídeo.

No ano 1996 trasládase a Madrid, onde estuda interpretación na Sala Mirador, ademais de formarse como especialista en escenas de acción baixo a tutela de varios instrutores de prestixio, como Ángel Planas. Tamén estuda acrobacia e diversas artes marciais.

No ano 2003, escribe, dirixe e protagoniza a súa curtametraxe “The Doom”; que é seleccionada en diversos festivais, como: Festival de Sitges, Festival Internacional de Cine Independente de Ourense, Festival de Cine Fantástico de Cáceres. Nos anos 2005-2006 traballa para o Canal Cuatro presentando un programa de entretenemento (Six Pack) Intervén en diversas longametraxes como coreógrafo, adestrador persoal ou actor: La vida que te espera (Manuel Gutiérrez Aragón, 2004),  Isi Disi 2 (Miguel Ángel Lamata, 2005), Cargo (Clive Gordon, 2006), Tensión Sexual no Resuelta (Miguel Ángel Lamata, 2010)

Traballa como realizador, montador, e coreógrafo en videoclips, teatro, reportaxes e spots publicitarios. Actualmente dirixe o departamento audiovisual do portal web de comercio www.compraencelanova.com ademais de presentar a súa curtametraxe “Share o no Share” que ven de gañar o premio CREA á mellor dirección na última edición do Festival de Cans.

 

Filmografia

CURTAMETRAXES
2016 /Share o no Share/ Director – Guionista.
2008 /Aquí Vive Dios/ Director – Guionista.
2003 /The Doom/ Director – Guionista.
1996 /Expediente B/ Director – Guionista.
1994 /Mortal Kombat in Vilanova/ Director – Guionista.

REPORTAXES
2015 /Expedición á Serra do Leboreiro/ Realización – Montaxe. Video Reportaxe.
2015 /Terras de Rosendo/ Guión – Realización – Montaxe. Spot para internet.
2014 /Bande, pousada do espíritu/ Realización – Montaxe. Video Reportaxe.
2013 /Camiño de San Rosendo/ Realización – Montaxe. Spot Navideño.

TELEVISIÓN
2007 /Los Diarios del Miedo/ Coreógrafo- Especialista. Programa 4º Milenio. Cuatro.
2005 – 2006 /Six Pack/ Actor-Reporteiro. Programa de humor. Cuatro.
1994-1995 /Noticias de Ourense/ Reporteiro sección deportes. Televisión Bemposta.

Compartir