gutier_rolan

Gutier Rolán

Bio
Filmografia
Bio

Levo traballando como profesional no eido audiovisual dende o 2009, na actualidade en Argadela, a produtora que creamos a miña socia Clara e máis eu. Estou especializado en vídeo marketing dixital e contidos audiovisuais para marcas (publicidade, corporativos, motion graphics…).

Cos anos non só adquirín experiencia en gravación e edición, senon tamén na produción e especialmente na estratexia de contidos audiovisuais para marcas. Encántame a publicidade porque me permite ser creativo e cada proxecto é unha nova aventura.

Considérome tan realizador como montador, e iso refléxase na miña forma de traballar, planificando a gravación pensando na mesa de montaxe. Gústame involucrarme en todo o proceso creativo, sobre todo nas tres principais fases onde se reescribe a historia: o guión, a gravación e a montaxe.

O meu soño é facer cine, pero mentres chegamos a iso, non paro de aprender facendo curtametraxes, documentais, microteatro, videoclips… non me poño límites, se hai unha historia interesante que contar.

Podes atoparme na web de Argadela ou no meu portfolio. Nas redes sociais estou sobre todo en LinkedIn e Instagram, aínda que tamén me deixo caír por Twitter de cando en vez .

Filmografia

VÍDEO MARKETING DIXITAL, CORPORATIVOS E PUBLICIDADE: 

  • Debido á dificultade de manter actualizada esta sección, as mellores opcións para ver os meus últimos traballos  son: visitar a web da miña produtora (Argadela) ou a súa canle de Vimeo, ou o meu portfolio (gutierrolan.com) e a miña canle de Vimeo.

FICCIÓN:

  • Chichinabo. (Serie dixital. Argadela.) 2019. Dirección e postprodución.
  • Tápao. (Curtametraxe. Argadela.) 2018. Dirección e postprodución.
  • 15 ans, l’âge bête du coq. (Curtametraxe. Argadela.) 2018. Dirección e postprodución.
  • Teaser para o proxecto de longametraxe “Natural“. (En postproducción.). 2015. Dirección e montaxe.
  • Trala parede. (Curtametraxe. Aira Studio.) 2010. Guión, dirección e postprodución.
  • Slow food. (Curtametraxe. LAV.) 2009. Dirección e postprodución.
  • 18.1. (Curtametraxe. Mr Misto Films.) 2008. Guión, dirección e postprodución.

NON FICCIÓN:

TELEVISIÓN:

  • Tempo de saúde. (Programa divulgativo, 40×5′. Galimedia para TVG.) 2015. Realización e edición.
  • Es lo que hay. (Late Night Show On Line, 6×90′ Aira Studio.) 2013. Produción, realización e edición.

OUTROS:

Compartir