ANDRES_GOTEIRA

Andrés Goteira

Bio
Filmografia
Bio

Son de Meira, de onde nace o río Miño.

De formación son Enxeñeiro Técnico de Telecomunicacións pola Universidade de Vigo e Técnico de Son da Escola de Imaxe e Son de A Coruña. Foi na época universitaria cando realicei, paralelamente, a maioría das miñas curtas experimentais. Foi unha boa maneira de escapar dos algoritmos das telecomunicacións.

Últimamente, dirixín e escribín a miña primeira longametraxe de ficción-escura (DHOGS), de produción dura e independente, rodeado de boa xente e con case todo por aprender. Peli de guerrilla con moito apoio, peli de crowdfunding (Verkami: http://www.verkami.com/projects/6538)  e tamén de Talento (Agadic).

Había que facelo! http://dhogsfilme.com

No meu caixón permanece á espera outro proxecto chamado “Supermarket”, tamén unha longametraxe de ficción que, despois de todo, ten que saír adiante.

Gaitafilmes é a pequena produtora que cofundei no seu día con tres grandes amigos, dela xurdiron: Curtas, unha peli, deseños, algún que outro produto de marketing, eventos culturais e varios cursos prácticos de iniciación.

Filmografia

“DHOGS” (2016)
Longametraxe de ficción (en posprodución)
Director, guión, montaxe e deseño.

“Teaser-concepto Dhogs” (https://vimeo.com/91641356) (2014)

Curtas experimentais:
Director / técnico integral (2006-2010)

“A Porta” (Ofestivalón, mellor curta, mellor curta galega e mellor actor) (2010) (https://vimeo.com/17338352)

“Son do Silencio” (2010)

“Dous/Días/Din” (Mellor promo do Lugo´10) (2010)

“O Paquete” (Mellor curta do Curtasnarede) (2009)

“Que lle pasa a Pepe Pistola?” (Mellor curta para o público de Curtasnarede) (2008)

“Simón” (2006)

Compartir