GCotelo

Gonzalo Cotelo

Bio
Filmografia
Bio

Gonzalo Cotelo compaxina a súa actividade coma realizador e montador de publicidade e vídeo corporativo con proxectos de corte mais personal no terreno da Curtametraxe, o Video Musical e o Cine Experimental.

Logo de terminar os seus estudos de realización na Escola de Imaxe e Son da Coruña no 2010 comeza a sua carreira profesional traballando coma realizador, montador e posproductor para Congo Audiovisuales, participando en campañas para Gadis, Amstel, Obradoiro CAB ou a Xunta de Galicia.

No 2012 dá o salto ao traballo freelance dirixindo spots para televisión da man de Suit Films e Lúa Films, ademáis de pezas comercias para Estrella Galicia, Concello da Coruña ou TVG.

No 2013 participa no Festival Internacional CinemadaMare, onde se distingue coma un dos mellores realizadores da edición, recibindo ó premio da Weekly Competition de Maratea polo videoclip “Electromontrove” da banda Lendrone. Este videoclip sería tamén seleccionado para a edición de Cans do 2014.

A comezos do 2014 trasládase a Londres, onde traballa coma operador de cámara e montador para clientes coma Deliveroo, Miss Selfridge, MADE.com, The Interior Design School ou H Furniture; ademais de dar clase de Film&TV na Pauline Quirke Academy of Performing Arts.

Filmografia

Curtametraxes coma Director:

-Cento Anni Di Perdono (2016)
-Mamma (2016)
-In Erice (2016)
-Scivolare (2015)
-Chemistry (2014), Seleccionado para o festival de Cans.
-Alchemy (2014)
-Electromontrove, vídeo musical para o grupo Lendrone (2013), Seleccionado para o festival de Cans
-Nº170 (2013)
-Ombrellone (2013)

Compartir