gaspar broullon

Gaspar Broullón

Bio
Filmografia
Bio

Gaspar Broullón ía para locutor de radio pero no cambio do milenio cruzou cunha imaxe. Para ser exactos con 25 imaxes en cada segundo dunha curta que durou 16500 fotogramas. Berberecho foi o nome daquela primeira experiencia, que sabía máis a horas de montaxe que a bivalvos. O de ser xornalista non chegou co título, senón cos quilómetros perseguindo historias nunha viaxe á que adicou Todo o Tempo do Mundo.

Durante anos aquel xornalista móvese entre a montaxe e a realización como quen muda a chaqueta de diario para poñer o gabán dos domingos. Así compaxina a montaxe de telefilmes (Rincóns da Memoria), documentais (Santa Liberdade, El País de Nomeacuerdo, Cuarta Pista) e multitude de programas de televisión (Criaturas, Desde Galicia para el Mundo, Vivir Aquí, Doa a Doa…) coa realización de espazos como o Ben Falado (TVG), Ribeiras (TVG) e vai saber cantas campañas de comunicación.

Cando as primeiras canas indican que a froita xa empeza a estar madura comeza a dirixir proxectos e programas. Como o Mobilízate, de Vtelevisión, o Na Terra De e o TocToc Con Permiso, para TVG, ou o máis recente De Quen Vés Sendo?

E coido que diso trataban estas liñas. De saber de quen vén sendo un tipo chamado Gaspar que ía para locutor ata que se cruzou cunha imaxe.

Filmografia

DIRECTOR
De Quen Vés Sendo (2013) – Celta Producciones para TVG
TocToc Con Permiso (2013) – Pórtico Audiovisuais para TVG
Na Terra De (2013) – Danga Danga Audiovisuais para TVG
Na Terra das Castañas (2011) – La Región para TVG
Ilustramundos (2011) – Universidade de Santiago de Compostela para TVG
MOBilízate (2010 – 2011) Danga Danga Audiovisuais para Vtelevisión

REALIZADOR
Ribeiras (2012-2013) – Celta Producciones para TVG
Ben Falado! (2008-2009) – Pórtico Audiovisuais para TVG
Todo o tempo do mundo (2003-2004) – Faro para TVG

MONTADOR
DOCUMENTAL
100 Anos de Himno Galego (2007)- Pórtico Audiovisuais para TVG
…Vaime Ser Difícil Esquecer (2007)- Pórtico Audiovisuais para TVG
Linatakalam (2007) – IbisaTV para TVE
Cuarta Pista (2006) – Diplodocus Producións
O Tren que me leva (2005) – Anxo Fernández Producciones
Elefantes en la nieve (2005) – NOS Produtora Cinematográfica Galega para TVG
El País de Nomeacuerdo (2004) – Anxo Fernández Producciones
Santa Liberdade (2004) – NOS Produtora Cinematográfica Galega para TVG

TELEVISIÓN
Criaturas, Desde Galicia para el Mundo, Natureza, Vivir Aquí, Banda Curta, Antes do Silencio, Doa a Doa (2006-2010) para TVG

Compartir