Raul_Garcia

Raúl García

Bio
Filmografia
Bio

Natural de Cobas de A Bola (Celanova, Ourense).

É Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade da Coruña e elabora a Tese de Doutoramento en Ciencias da Información.

Desenvolve a maior parte da súa carreira como director-realizador, guionista e montador.

Na actualidade é director do programa de TVG “Casamos!“, guionista da serie “O Faro” para TVG e Forta, na produtora Zenit TV.

En 2012 crea Meteórica Cine para producir e dirixir a webserie “El Quid“, o documental “Viaje al fin de la noche“, a “Gira de los 1000 Conciertos” de Los Suaves e varios spots e curtametraxes.

No ámbito da docencia, exerce como profesor invitado de Escritura de Guión en Comunicación Audiovisual (Universidade de Vigo) e coordina o Campo de Traballo do Audiovisual (Celanova).

É membro da Academia Galega do Audiovisual (AGA), da Asociación Galega de Guionistas (AGAG) e da Asociación de Directores Realizadores de Galicia (CREA).

Filmografia
  • O Faro” (serie TV, TVG e Forta): guionista.
  • Casamos! A historia de amor de…” (docureality, TVG): director-realizador, guionista, montador.
  • El Quid” (webserie): director, guionista, produtor.
  • Viaje al fin de la noche” (documental): director, guionista, montador, produtor.
  • Gira de los mil conciertos: Los Suaves” (DVD concierto): realizador.
  • Extremo Sur: un viaje al fin del mundo” (documental, TVG e Forta): guionista, imagen.
  • Historia de la construcción naval” (documental, TVG e Forta): guionista.
  • 100% CEF” (documental, TVG): axudante dirección.
  • En las tripas de la Bestia: El rodaje de Lobos de Arga” (documental): montador
  • Tu amistad es el camino” (spot): produtor.
  • La Visitadora de Cárceles” (película para televisión, TVG, TVE, Forta): guionista en desenvolvemento.
  • Nouturnio de Celanova” (curta de animación): director, guionista, produtor.
  • Así se hizo: Un buen hombre” (making of): director, imaxe.
Compartir