pablo_fontenla

Pablo Fontenla

Bio
Filmografia
Bio

Pablo Fontenla (Vigo, 1979) comezou a traballar no sector audiovisual a principio deste século despois de estudiar imaxe na escola da Coruña e de abandoar as ciencias políticas.

A súa actividade profesional está vencellada principalmente á Televisión de Galicia e vai dende a realización de documentais ata programas divulgativos e informativos.

Despois de diversos cursos de arte dramático na universidade de Santiago de Compostela convertiríase nun dos membros fundadores da compañía Teatro da Falúa así coma colaborador doutros grupos.

Foi co-creador, co-guionista e actor da serie online “Canillejas“, finalista dos premios Mestre Mateo 2014.

Filmografia

Realizador:

  • “A dedo: Historias de Autostopistas” (2006), Directo Producciones para TVG / Documental / Nominado mellor documental Premios Mestre Mateo 2007
  • Km. 0” (2007), Directo Producciones para TVG / Documental /
  • “Na terra de…” (2013), Danga-Danga Audiovisuais para TVG / Programa divulgativo/

Televisión:

  • Televisión de Galicia (Ano 2000 – actualmente) / Reporteiro Gráfico
  • Telexornal, Galicia Noticias, A Revista, Couto Vivo, De proa a popa, O Agro, Parlamento, Labranza, Reporteiros, Vivir o mar, directos e retransmisions.

Curtametraxes:

  • “Materia” (2009) / Mención especial mellor documental curto VI Festival Internacional de curtametraxes Curtocircuito
  • “Herbonx Killer” (1997) / Nominación mellor curtametraxe Premios Mestre Mateo
Compartir