Fotoanxos_Baixa

Anxos Fazáns

Bio
Filmografia
Bio

(Pontevedra, 1992) Graduada en Comunicación Audiovisual pola UVigo, posteriormente estuda o Máster de Dirección de Cine na ESCAC. Continúa complementando a súa formación con diferentes cursos, seminarios e obradoiros.

Traballa todo canto pode como axudante de dirección, segunda axudante e script en diferentes curtas e longametraxes.

Ademais escribe, dirixe e edita os seus propios proxectos en diferentes formatos. Destacan as curtametraxes “Direcciones” e “Nacer en Septiembre” seleccionadas no Festival de Cans, os videoclips para bandas galegas como Pelusa ou os Vacalouras ou a webserie Fame.

Actualmente atópase no proceso de edición da súa próxima curta “Area” e no desenvolvemento da que será a súa primeira longametraxe, “A Estación Violenta”.

Filmografia

“Nacer en Septiembre” Curtametraxe ESCAC (2015) Selección Festival de Cans 2016
“Direcciones” Curtametraxe ESCAC (2014) Selección Festival de Cans 2015
“Fame” Webserie (2013 – 2014) Premio mellor webserie en galego Carballo Interplay 2015
“Living for you” Guerrera. Videoclip (2013)
“A desbrozadora” Os Vacalouras. Videoclip (2013)
“Doce” Curtametraxe. Fanecas Films (2012) Premio Creación Audiovisual UVigo
“No creo” Beryer Videoclip (2012) IX Certamen Nacional de Videoclips Medina del Campo

Compartir