Ana_Diz

Ana B. Diz

Bio
Filmografia
Bio

Un recorrido complicado, que comeza non sei cando e non sei onde, pero que me fixo xirar unhas cantas veces neste disco, creo que non-raiado. Dende sempre, escribir foi unha das miñas paixóns, sobre todo escribir acerca do que me rodea, sobre o que me inqueda. Aproveito a escritura para esvaecerme un anaco e crear. E así, pasei a converter en audiovisuais esas historias que escribía en papel, moitas ainda inertes en follas medio esquecidas. A creación audiovisual como parte de min para facer realidade outras historias.

Da mesma forma que observaba e escribía, a fotografía dirixeu aos meus ollos a “escribir” as súas propias historias. Cada vez gústame máis inmortalizar momentos e emocionar con eles. En mente proxectos que espero por en marcha pronto.

De ónde partimos pouco importa. Son as ganas e o ímpetu, o importante do que cada un queira alcanzar.

Filmografia
  • - Directora de Produción de Flores para Amalia de Nani Matos.
  • - Postprodución de Garabolis de Chantadafilms.
  • - Guión, produción e realización de Pintando el Silencio
  • - Directora de Produción de Amor Ansioso de Sergio Pena.
  • - Guión, produción e realización de Placebo
  • - Guión e postprodución de O labirinto ario de Chantadafilms.
  • - Guión, produción e realización de Notas para Sofía
  • - Guión, produción e realización de Tempus fugit
  • - Guión, produción e realización de O tren da vida
  • - Realización videoclip “Behind the Curtain” do grupo Onion Smile (2016)
  • - Segunda Axudante de Dirección “Superpunky” (2016)
  • - Dirección de Producción “Lurna” (2015)
Compartir