costafreda

Ramón Costafreda

Bio
Filmografia
Bio

Director e guionista

Nado en Mos, Pontevedra, no 1955.

Realizador de anuncios publicitarios desde 1989.

Traballou con produtoras internacionais como Lee, Group (BCN), Dune (Milan), Contemporáneos (*BsAs) ou Continental, para as que rodou anuncios en varios países para Pepsi, Renault, Peugeot, Mitshubishi… Ten 14 Pavos Reais (goyas da publicidade), 2 Mestre Mateo, dous nomeamentos no Festival de NY, un Épica Europeo, un Sol de Ouro e O Gran premio do Festival de publicidade de San Sebastián.

Desde o ano 2003 imparte seminarios de realización publicitaria na ECAM.

Filmografia

No 2006- Máis que irmáns, para TV3 e TVG, Continental e Diagonal TV. No 2007 foi adquirida por todas as cadeas da FORTA. Ten acadada una audiencia de mais dun millón e medio de espectadores.

No 2008- Abrígate, unha comedia escrita por el mesmo con Fernando Castets (O fillo da noiva), coproducida por Continental/Oberón/Patagonyk e distribuída por Buenavista Internacional. Abrígate, seleccionada nos programas culturais Raíces e Ibermedia, participou no Festival de Cine de Roma, no Festival Internacional de Cine Independente de Ourense (perlas do festival ) e recibiu o premio do público, o especial de TVE e á mellor actriz (Maria Bouzas) na Mostra de Cine Iberoamericano de Lleida.

No 2008- Mà morta truca a la porta. Unha longametraxe experimental que participou na sección oficial “Another view” do festival de Karlovy Vary 2008, estivo seleccionada na Sección oficial a concurso da Mostra Internacional de Cine de Sao Paulo, así como en “Panorama of European Cinema” en Atenas, no Festival Internacional de Cine de  Ourense ( panorama Galicia), na “Mostra de cine de Valencia”, na II Mostra “Som cinema” Mollerussa de películas VO Catalá, Málaga TV, no Zoom Igualada eno ¡Viva! festival en Manchester . O guión de Mà morta truca a la portaé do Miquel Obiols e está baseado enSi menges una llimona sense fer ganyotes do Sergi Pàmies. O deseño de dibuxos e do Arnal Ballester, Premio Nacional de Ilustración 2008.

Compartir