Xes_Chapela

Xes Chapela

Bio
Filmografia
Bio

Creador audiovisual cunha longa traxectoria profesional no eido audiovisual.

Guionista para programas de televisión, novos formatos e documentais emitidos en TVE, RTM, TVG, entre outras canles.

Membro dende o 2.002 da Asociación Galega de Guionistas e da EDN, Rede Europea de Documentalistas.

A súa primeira obra como director Jazz en Liberdade, recibiu o premio á Mellor Longametraxe Documental nos premios Mestre Mateo 2.010 outorgado pola Academia Galega do Audiovisual.

De xeito paralelo, desenvolve accións formativas en calidade de formador ou mestre en diversos centros e niveis educativos: formación profesional, formación ocupacional ou formación complementaria no ensino secundario.

Entre as ducias de cursos impartidos destaca a súa participación como monitor no programa Audiovisual nas Aulas, destacado polo Ministerio de Cultura co premio González Sinde 2011, a través da Academia de las Artes y Ciencias Cinematográficas de España.

Dentro do ámbito da formación vén de presentar na primavera do 2011 o proxecto que lidera e coordina denominado AUPA – audiovisual para aprender, apoiado como iniciativa innovadora en Emprendia da Universidade de Santiago de Compostela.

Actualmente desenvolve proxectos propios no eido do documental, así como investiga a aplicación das novas posibilidades tecnolóxicas á linguaxe audiovisual.

Filmografia
  • O FESTIVAL DA LUZ. Documental, 35 min. 2013 Director e Guionista.
  • LOBOS. Documental, 7 min. 2012. Director, guionista e montador.
  • MILÍMETROS. Documental, 52 min. 2012 Director e Guionista.
  • EN CALQUERA LUGAR, Entre cá e lá. 2012 Director e Guionista.
  • EUROPE 170, LGT magazine, FOOD WINE & SIESTA, SABOR ORIGINAL. 2012 Director, guionista e realizador de programas de tv e trassmedia.
  • OS SOÑOS ANTES DO CINEMA. Documental 52´2012 Guionista, Axudante D.
  • Spot CULTURGAL. 2011, Director e Guionista.
  • JAZZ EN LIBERDADE. Documental, 76 min. 2010 Director e Guionista.
  • CONTRA A MORTE. Documental, 90´ 2010 Axudante de Dirección
  • LUPE EN TRÁNSITO. Documental, 55´2009 Guionista.
  • A MALETA DE SOFIA. Documental, 60´2009 Axudante Dirección plató
  • ASTANO, A FORXA DUN SOÑO. Documental, 52´2008 Guionista.
  • KARPIN GALICIA. KM0. Documental, 52´ 2006 Guionista
  • TRABALLO EN FEMININO. Documental, 25´ 2005 Guionista
  • CON CORES NAS MANS. Guión de tvfilm con axuda da Xunta, 2005
  • AULAS DE HOSPITAL. Documental, 20´ 2005 Guionista
  • HANAN. DE MARROCOS A GALICIA. Serie documental. 6×30´2004 CoGuionista
  • TORRES, VIRTUOSISMO TÉCNICO. Documental, 50´ 2002 Guionista
Compartir