carlos_sedes

Carlos Sedes

Bio
Filmografia
Bio

A Coruña 1973


Comezou a traballar no sector audiovisual arredor do ano 1990, na empresa CTV. A súa experiencia en realización remóntase a 1998, daquela inicíase en Voz Audiovisual, facendo videos industriais, publicidade e programas divulgativos como “Contagotas” e “Cibernatura”, os dous emitidos na TVG.

En 2000 comeza a realizar coñecidas teleseries da Televisión de Galicia, e dese labor dá o salto á dirección, tamén na ficción da pequena pantalla autonómica.

O seu seguinte chanzo profesional márcao a dirección da serie “Desaparecida” que o Grupo Ganga produce para Televisión Española.

Desde entón, dirixiu varios dos últimos éxitos da televisión en España como “Gran Hotel”, “Gran Reserva”, “Hispania”, “Impérium” ou, na actualidade, “Velvet”.

En canto ós premios e recoñecementos de Carlos Sedes podemos destacar os seguintes:

  • Seul Drama festival 08 o mellor director por DESAPARECIDA e mellor serie.
  • Premio á mellor realización, xunto con Manuel A. Espiñeira, por “A vida por diante” nos Premios Mestre Mateo 2006 (entregados en maio de 2007).
  • Mestre Mateo 2005 á mellor dirección e mellor realización, ambos xunto a Jorge Coira, por “As leis de Celavella”.
  • Mestre Mateo 2003 á mellor realización por “Terra de Miranda”.
  • Galardón ao mellor realizador de TV nos Premios da TV e do Cine de Galicia 2005, outorgados pola revista Imagen y Comunicación.
Filmografia

TV movie

  • No estás sola , Sara (2009) TVE
  • La Viuda Valenciana (estudio1,2010) TVE

Series de TV

  • Velvet (2014) Antena3
  • Gran Hotel (2011-13) Antena3
  • Imperium (2012) Antena3
  • Gran reserva (2009-11) TVE
  • Hispania, la leyenda (2010-11) Antena3
  • Guante Blanco (2008) TVE
  • Padre Casares (2008) TVG
  • Desaparecida (2007) TVE
  • A vida por diante (2006-07) TVG
  • As leis de Celavella (2004-05) TVG
  • Terra de Miranda (2001-03) TVG)
  • Mareas vivas (2000) -Realizador-. TVG
Compartir