Carlos Amil

Carlos Amil

Bio
Filmografia
Bio

Contador de historias vocacional dende o seu nacemento, é o equivalente masculino a Sherezade. Para vivir precisa contar unha historia diaria, e aférrase a calquera ferramenta ou lingoaxe para superar a proba. Tanto lle ten xogar coas palabras e crear novelas de contos, ou contos novelados, que artellar guións para tebeos de aventuras clásicas, como escribir, montar ou dirixir películas de diferentes xéneros, sexan melodramas, cine negro ou películas infantiles. E é que, meus, hai tantos contos por contar…

Filmografia

Guionista, montador e director de programas documentais para a TVG como “O monacato en Galicia” e “Lendas”, ou longametraxes como “Blanca Madison” con Rosa María Sardá, Mario Gas, Javier Albalá, Pilar Punzano e Luísa Martínez como protagonistas, así como a longametraxe de cine infantil “A casa da luz”, segundo a novela de Xabier Docampo, escritor galardoado co Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil, protagonizada por Pico Olveira, Gustavo Pernas, Antonio Mourelos, Miguel de Lira e Manuel Millán, entre outros.

Compartir