Roi Cagiao

Roi Cagiao

Bio
Filmografia
Bio

Vigo, 1978.

Humorista gráfico e cineasta.

Creador da serie de tiras satíricas “Cousas de Galicia e do mundo” publicada entre 2004 e 2006 no semanario galego “A Nosa Terra” foi premiado en varias ocasións na Bienal da Caricatura de Ourense.

Tras realizar estudos de cinematografía na EGACI dirixiu as curtametraxes “Erich & Sebastian” (2007) e “Gran Curva” (2008).

Xunto a Fernando Llor codirixiu a longametraxe documental “O meu nome é Luís ‘Ferreiro‘” (2010) que aborda a loita antifranquista en Galicia e coa que participou no XOCIVIGA (2011), na II Mostra de Documental Alternativo Docutopía (2011) e no IX KO&Digital (Festival Internacional de Cine Solidario; 2012).

Filmografia
  • Erich & Sebastian” (2007) – Curtametraxe de ficción – Director.
  • Gran Curva” (2008) – Curtametraxe de ficción – Guionista e director.
  • O meu nome é Luís ‘Ferreiro‘” (2010) – Longametraxe documental -Codirector e coguionista.
Compartir