Perfil-Boquete

Jorge Boquete

Bio
Filmografia
Bio

Cursando terceiro de Comunicación Audiovisual na Universidade da Coruña, Jorge Boquete funda o colectivo Porco Bravú con algúns dos seus compañeiros da facultade. Dende entón comeza a dirixir todo tipo de formatos audiovisuais enfocados á difusión en internet, aproveitando a liberdade do medio para pasarse da raia buscando as risas do espectador.

Baixo unha filosofía baseada na economización de medios dirixe, ademáis de outros proxectos, as webseries “Conversas con Cunqueiro” e “El Método Sueco” coa que consegue o Premio Mestre Mateo durante dous anos consecutivos e percorre con éxito os festivais de todo o estado.

Coa comedia como bandeira, experimenta coas diferentes formas de facer humor cun especial gusto polo humorismo negro. A día de hoxe continúa nesta liña cun paso máis de madurez no novo proxecto de Porco Bravú: a webserie “Peter Brandon”.

Filmografia

2013 – CONVERSAS CON CUNQUEIRO (WEBSERIE) / DIRECTOR, GUIONISTA, CÁMARA E EDITOR
2014 – PORCA MISERIA (WEB MAGAZINE) / REALIZADOR, GUIONISTA, CÁMARA E EDITOR
2014 – EL MÉTODO SUECO (WEBSERIE) / DIRECTOR, CÁMARA E EDITOR
2016 – PETER BRANDON (WEBSERIE) / DIRECTOR, GUIONISTA E EDITOR

Compartir