Belén Montero

Belén Montero

Bio
Filmografia
Bio

Despois dalgunhas experiencias coma realizadora de publicidade en empresas do medio, decidín asociarme e montar unha estrutura empresarial para poder desenvolver o meu traballo como directora. Deste xeito naceu Esferobite en 1998, empresa adicada ao audiovisual, internet e multimedia, situada en A Coruña. DSK é o nome artístico co cal asinamos Juan Lesta máis eu, os proxectos da arte, videoarte e de imaxes para a música.

Desenvolvín máis en profundidade o formato de corta duración, o multimedia e o documental. Dirixín videoclips para Fangoria, Astrud, Cathy Claret, la buena vida, Prozack, Alma-X… autoxestionado e realizado proxectos multidisciplinares como codeco (“codificado-decodificado-codificado”), onde se analizan os fluxos da información e a imaxe dixital.

Experiencias de documental interactivo como Península XY, ou de vídeoblog experimental, Iconoscopio.

Todos estes últimos traballos, producións de Esferobite onde indagamos na capacidade de adaptación do audiovisual aos novos formatos en rede e á expansión do medio. Fomos pioneros na viralidade.

Conto con varias titulacións coma Técnica especialista en Operacións de Imaxe e Son e Medios Audiovisuais, nas especialidades de Realización-produción, e Montaxe-posprodución. Impartín clases de audiovisual en centros como CENP, Istituto Europeo di Design, Elisava ou BAU, e compaxinando o traballo, durante a miña longa permanencia en Barcelona durante os meses invernais, licenciéime en 2010 en Historia da Arte, especializándome en Xestión Cultural na Universitat Autònoma. Na actualidade vivo en A Coruña e transito por Zamora, a miña terra natal.

Algunhas das empresas ou entidades coas que traballei nestos 20 anos adicada á dirección audiovisual foron: Tic-Tac Producciones, Ébora cast, Dotbeat, CGAC, Fundación Luís Seoane, Obra Social Caixa Galicia, Metrópolis, Blur Ediciones, Virgin, Dro East West, Canal C:, Plug:in, Ajuntament de Terrassa, Hangar, Sofgal, La Voz…

Filmografia
  • VIDE, videopoesía. HD. Produción para Antía Otero (2014). Incluído na xornada Xela Arias e Luísa Villalta: Letras, Interantes, proxectos na fin de Século. Consello da Cultura Galega 2014.
  • Square Religion (iconoscopio #11), videocreación con música de El Hombre extraño del Parque, residencia artística no Museo de Arte Contemporáneo de Gas Natural Fenosa MAC. HDV. (2014). Incluído na exposición MAC residentes 2014.
  • Artistiña, o estado e a cuestión do artista, documental de creación. HD. (2013) Coa subvención de AGADIC à creación audiovisual para o desenvolvemento e promoción do Talento Audiovisual Galego 2013. Coa axuda de Esferobite.
  • Cianuro Disco Funk, videoclip con música de Un poquito de Cianuro. Vídeo interpretado por Bonecos Unidos. HDV. (2012). Selección Animainzón 2013.
  • Camiños, pontes e fortalezas; A pedra e a auga; A pedra e os espazos. Tres vídeocreacións experimentais e documentais da arte renacentista e barroca galega. Tic-tac producciones. Incluídas na exposición Gallaecia Petrea no Museo de Galicia, Santiago de Compostela. (2012).
  • Badly, videoclip artista Josh Prada, unha producción de Esferobite para a discográfica DotBeat. HDV. (2012).
  • Uncertainty (iconoscopio #10), videocreación con música de Jap Jap (2011).HDV. Selección Curtocircuito 2012.
  • CODA (iconoscopio #9), videocreación animación con música de The Big Head Troubled Boy. (2011). HDV. Exposición Interferències’10 Operació Supervendes (Arts visuals), Terrassa, sala Muncunill. Selección Curtocircuito 2012. Selección festival Nontzeberri 2012. Selección Animainzón 2013.
  • Península XY, documental experimental (2010-2011). Dous vídeos time-lapse Ruta X e Ruta Y. HDV Dixital on-line (peninsulaxy.net). Subvencións a obras que sexan innovadoras Xunta de Galicia. Mostra de Ciencia e Cinema, A Coruña 2011. Ciclo Novo Cinema Galego / Autores no CGAC. Santiago de Compostela, 2011. Selección Curtocircuito 2012. Selección 12º Festival Internacional de documental de creación, Escales Documentaires, La Rochelle (Francia) 2012, sección Doc out. Catálogo Hamaca media&video art distribution from Spain.
  • Varios videos experimentais para o proxecto vídeoblog iconoscopio.net (2009-2011). HD Digital on-line: Watermelon (iconoscopio #5), Crk.29 (iconoscopio #3), Eirasvedras (iconoscopio #1), De Katanga ao Agra (iconoscopio #2), Fantasy (iconoscopio #6). Selección en Festival internacional Ourense 2010, Festival Cans 2010, CineEuropa 2010. Subvencións a obras que sexan innovadoras Xunta de Galicia. Selección Nuevos Media, Festival OUFF, Ourense 2010. Selección Panorama Galiza, Festival OUFF, Ourense 2010. Ciclo Novo Cinema Galego / Autores no CGAC. Santiago de Compostela, 2011.
  • Catálogo Hamaca media&video art distribution from Spain.
  • Anim 01, video animación experimental CODECO. (2009). HDV. Mellor vídeo experimental Curtas na rede 2009. Seleccionado en Caóstica de Bilbao, Espacio Enter de Canarias, Kasseler dok fest (Alemania). Incluído en mostra Poñer cousas en orde, Normal Espazo de intervención cultural Universidade de Coruña (2012). Catálogo Hamaca media&video art distribution from Spain.
  • Tetris analógico, vídeoperformance CODECO. HDV. (2008). Más de 300.000 descargas en internet. Incluído en Proxecto-Edición Fundación Luis Seoane, A Coruña (2008).
  • Canal a-Tienda, videocreación-canal media experimental CODECO. HDV. (2008). Incluído en Proxecto-Edición Fundación Luis Seoane, A Coruña (2008). Incluído en mostra Poñer cousas en orde, Normal Espazo de intervención cultural Universidade de Coruña (2012).
  • Pulpo negro, videoclip artista Pedro Marín. HDV/Dvcam. (2007).
  • Estiven en Galicia e lembreime de ti. Vídeocreación, videodanza directo. DVcam. (2006). Subvención Xunta de Galicia 2006. Ciclo videodanza CGAC Santiago de Compostela 2007. arTec, the Party, A Coruña, 2007. Feria del Libro de La Habana, 2008. Incluído en Caras B de la Historia del videoarte en España. Selección Praga 2012. Catálogo Hamaca media&video art distribution from Spain.
  • - Homo-Felis, Videocreación, animación. HDV. (2006). CODECO. Incluído en exposición Proxecto-Edición Fundación Luis Seoane, A Coruña (2008). Incluído en mostra Poñer cousas en orde, Normal Espazo de intervención cultural Universidade de Coruña (2012). Catálogo Hamaca media&video art distribution from Spain.
  • Internet sin ordenador, videoperformance. HDV. CODECO. Exposición Proxecto-Edición CGAC Centro Galego de arte contemporánea de Santiago de Compostela (2006). Exposición CODECO Fundación Luis Seoane, A Coruña (2008). Catálogo Hamaca media&video art distribution from Spain.
  • Vilagarcía, Mar de Compostela, documental para o centro de interpretación da Ría de Arousa. Concello de Vilagarcía de Arousa. Softgal Galicia e Esferobite. Máster dixital. (2005).
  • Vilagarcía y la llegada del Ferrocarril, documental para o centro de interpretación do Ferrocarril en Carril, Concello de Vilagarcía de Arousa. Softgal Galicia e Esferobite. Máster dixital. (2005).
  • A 25 horas do Crack, A millonaria, videocreación entre el trailer comercial, videodanza y videoclip. Música de Chico y chica (Austrohúngaro). HDV/DVcam. (2005). Subvencións a obras que sexan innovadoras Xunta de Galicia. Finalista Curtocircuito 2005. Catálogo Hamaca media&video art distribution from Spain.
  • CINE ASCII_art. Animación cine experimental en 35 mm. CODECO. (2003-2004). Subvención Xunta de Galicia. 35 mm (3656×1976). Versión Pal (720×576). Exposición Sala petita de La Capella BCN 2004. Seleccionado en el festival VídeoEX, Suiza 2004. Proxectado en salas Filmax durante a exposición Proxecto-Edición CGAC-Marco-Fundación Luís Seone (2006). Exposición CODECO Fundación Luís Seoane (2008). Incluído na programación da mostra Outonarte 2009 Irmos de escaparates, no CGAI.
  • A Muller Labrega, documental para o Museo do Concello de Meaño. Softgal Galicia e Esferobite. Máster dixital. (2004).
  • Miro la vida pasar, Videoclip promocional do grupo Fangoria para DRO EAST WEST. HDcam/pal (2004). Incluído no DVD “Los 100 mejores videoclips de la historia” editado por Crónicas Marcianas, Magazine Tele5.
  • Homenaje a la Torre de Hércules, videocreación animada para Fundación Luis Seoane. Máster digital Pal. (2004). Incluído na programación cíclica de Luís Seoane.
  • Meaño e O Salnés, documental para o Museo do Concello de Meaño. Softgal Galicia e Esferobite. Máster dixital. (2004).
  • Twin Power. Videoclip para Alma-X (sello Austrohúngaro). DVcam. (2003). Premio del público II Festival de videoclips Made in Spain BCN 2003. Segundo PREMIO VAD video i arts dixitals Girona04. Primer PREMIO festival VisualSound Barcelona 04. Mención especial Festival audiovisual de Vitoria-Gasteiz 2004. Nº 3 de Lo mejor del 2003 según revista Rockdeluxe. Nº 5 de Lo mejor del 2003 según lectores Rockdeluxe. Festival Puesta de Corto, BCN 2003. Festival Visual Circuit Barcelona 03. Hangar_O_E Bromas en serio, Barcelona 04. Festival VideoEX Trasht Hight (Festival ShortFilm Festival, Hamburgo), Suiza 2004. Baba Festival, BCN 2004. Festival Audiovisual Vitoria Gasteiz 04. Lisboa Vídeo Festival 2005.
  • Un actor mejicano. vídeoclip para La buena vida (Sinnamon records), Máster dixital Pal. (2002). Nº 3 de Lo mejor del 2003 según lectores de Rockdeluxe. Seleccionado en Festival de jóvenes realizadores de Zaragoza 2003. Festival puesta de corto, BCN 2003.
  • ¿Cómo quieres…?, videoclip promocional para Avalon (discográfica Discmedi), Máster dixital Pal. (2002). Seleccionado en el festival Visual Circuit Barcelona 03.
  • 1848-2002, vídeocreación e instalación de vídeo para Museo do Mar de Galicia. Máster dixital Pal. (2002). Incluída instalación en exposición Olladas Oceánicas, Vigo 2002. Incluída instalación en festival VAD Vídeo i arts digitals Girona 2004. Festival audiovisual Vitoria-Gasteiz, 2004. Mínima Festival de Gandía, 2005. Catálogo Hamaca media&video art distribution from Spain.
  • Golosinas, vídeocreación para Canal Metro BCN. (2000). Exhibida en las cápsulas de videoarte del canal metro de Barcelona. Máster dixital Pal. Incluída en la Muestra Vídeo en Orbita, Galería Senda Barcelona 2001. Incluída en videoinstalación “Golosinas” exposición Artual , Casa de Cultura Salvador de Madariaga, Coruña 2002.
  • ¿Volverás?, Videoclip promocional para o grupo Juniper Moon. Producido para Elefant Records. Máster dixital, Betacam SP. (2002). Seleccionado en Festival Visual Circuit Barcelona 03. Festival Puesta de Corto, BCN 2003.
  • Crèpitation, videoclip experimental para o grupo Ápeiron, incluido no seu CD “Todo sigue intacto”. (Foehn Records). Master digital DVcam. (2002). Seleccionado no festival audiovisual de Vitoria-Gasteiz 2003. Festival Mínima de Gandía 03. Festival Visual Circuit Barcelona 03. Festival Puesta de Corto, BCN 2003.
  • Hombres, videoclip promocional para o grupo Fangoria. Producido para Subterfuge Records. Máster digital, DVCAM. 2002. Seleccionado no festival audiovisual de Vitoria-Gasteiz 2003.
  • O tempo perdido, videopoesía colectiva con poemas de Víctor Mozo. DVcam Pal. (2001). Subvención a la realización de proxectos en lingua galega a xovesrealizadores. Consellería de Cultura. Seleccionado en festival Mínima 2002. Seleccionado en el Festival audiovisual Vitoria-Gasteiz 2002. Incluido en el DVD Plug:in Nuevos realizadores 2003. Remasterización 2013 con motivo de la edición del libro “Ahora que se ha hecho tan tarde” V. Mozo. Incluído en Festival Por amor al arte, A Coruña, 2014.
  • Mentalismo, videoclip experimental para el grupo Astrud (Chewaca Virgin Rec.). DVcam Pal. (2001). Incluído en festival de videoclips organizado por SCOPE, BCN 2002. Seleccionado en Muestra de cine internacional de Palencia 2002. Puesto nª3 en ranking 10 mejores vídeoclips del 2001 por la revista musical nacional Rockdelux. Seleccionado en festival Audiovisual de Vitoria-Gasteiz 2002. Festival Visual Circuit BCN 03. Festival Puesta de Corto BCN 03.
  • No se que me das, videoclip promocional para o grupo Fangoria (Subterfuge Records). Máster dixital (2001). PREMIO del público en Festival Internacional de Cine de Palencia 2002. Seleccionado en el festival Audiovisual de Vitoria-Gasteiz 2002. Seleccionado en el Festival de Videoclip de Mieres (Asturias) y en el Festival de Jóvenes Realizadores de Zaragoza 2002. Puesto nª2 en ranking 10 mejores vídeoclips del 2001 por la revista musical nacional Rockdelux. Festival Visual Circuit BCN 03. Festival Puesta de Corto BCN 03.
  • Estafa, videoclip animado con música del sello Austrohúngaro. Máster dixital (2001). Seleccionado en Festival Vitoria-Gasteiz 2001. Puesto nª5 en ranking 10 mejores vídeoclips del 2001 por la revista musical nacional Rockdelux. Seleccionado en Muestra de Cine de Palencia 2002. Festival Visual Circuit BCN 2003. Hangar_O_E Bromas en serio, BCN 2004.
  • Eternamente inocente, videoclip promocional para o grupo Fangoria (Subterfuge Records). Máster digital. (2001). Gañador Premio MTV del público al mejor videoclip nacional que otorga esta cadena en España, dentro do “Festival de cortometrajes de las Islas Baleares”. Seleccionado en Festival de Videoclip de Mieres (Asturias). Festival de Jóvenes Realizadores de Zaragoza 2002. PREMIO Casa de América, Madrid 2002. Puesto nª2 en ranking 10 mejores vídeoclips del 2002 segun los lectores, y nº 8 según la revista musical nacional Rockdelux. Seleccionado en festival audiovisual de Vitoria-Gasteiz 2003. Festival Visual Sound, BCN 2003. Festival Puesta de Corto, BCN 2003.
  • Bailando, videoclip promocional do grupo Astrud, Chewaca Virgin (1999). Máster digital. PRIMER PREMIO festival “Jóvenes realizadores” de Zaragoza, 1999. Nominado a mejor Dirección Artística en Premios AGAPI 2000 (Galicia). Seleccionado en el Festival Audiovisual de Vitoria-Gasteiz 2000. Seleccionado para el Festival de Cine de Palencia 2001. Festival puesta de corto BCN 2003. Muestra Videoart+música La Panera 2006 Lleida.
  • Todo cambiará, videoclip comercial para o grupo Feel action. Máster digital. (1999). Seleccionado en el Festival de Jóvenes realizadores de Zaragoza 99. Seleccionado en el Festival Audiovisual de Vitoria-Gasteiz 2000. Seleccionado para el Festival de Cine de Palencia 2001
  • M-O9, videoclip experimental con música de The drip. Máster digital, Betacam SP. (2000). PREMIO “Bolsa de Compra” para el Centro Cultural Montehermoso en el Festival Audiovisual de Vitoria-Gasteiz, 2000. Festival Internacional de Canarias 2000. Festival Alacant Video 2000. Festival audiovisual de Navarra 2001. Festival Eurovideo 2001 Málaga. Festival Estavar Llivia 2001. Festival Mínima 2001. Festival Internacional de vídeo de Canarias 2001.Festival Puesta de Corto, BCN 03. Exposición VAD vídeo i arts digitales Girona 03. Catálogo Hamaca media&video art distribution from Spain.
  • Dualidad, vídeoclip experimental para o artista PROZACK. Máster dixital. (1999). Nominado a Mejor vídeo, montaje y producción Premios AGAPI ´99. Selección Festival de Vitoria-Gastéiz, Festival de Navarra 1999, y PRIMER PREMIO videocreación Alacant 99. Incluído en la exposición “Novos Camiños,ameazas e promesas da arte electrónica ” Vigo 99.. Incluído en la exposición “Lost in sound” (programa de Vídeo) en el Centro de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela hasta el mes de marzo del 2000. Seleccionado en el festival Arts vídeo et multimedia VIDEOFormes 2000 Francia. Seleccionado para el Festival de Cine de Palencia 2001.
  • Cría en Libertad, documental de naturaleza. Master Betacam SP. Proxecto fin de curso EIS. (1998). Selección Casa de las Ciencias´98. PREMIO LOBO 98 festival de video ecologista de Chantada, Selección Festival de Vitoria-Gastéiz 1999, Selección Villagarcía de Arosa 99.
  • Fertimón, spot TVG/TVE/A3 Galicia. Lúa Films. Betacam SP. (1998).
  • Sanders+Nitragal, spot TVG/TVE/A3 Galicia. Lúa Films. Betacam Dixital. (1997)
  • Airtel Grupo Corredoira, varios spots TVG/TVE/A3 Galicia. Lúa Films. Betacam SP (1997)
  • Faro de Vigo Cocina, varios spots TVG/TVE/A3 Galicia. Lúa Films. Betacam SP (1997)
  • Faro de Vigo Magazine, spot TVG/TVE/A3 Galicia. Lúa Films. Betacam SP (1997)
  • Faro de Vigo Enciclopedia animales, spot TVG/TVE/A3 Galicia. Lúa Films. Betacam SP (1997)
  • Faro de Vigo Láminas de Pintura, spot TVG/TVE/A3 Galicia. Lúa Films. Betacam SP (1997)
  • - Exposicións e actos Fundación Pedro Barrié de la Maza, 5 videos documentales para Lúa Films. Betacam SP. (1996)
  • Ágatha, corto ficción en chroma key. EIS. Máster U-Matic-SP. (1996). Selección Festival Villagarcía de Arosa 96, Muestra “Velvet” finalista A Coruña, 1996. Selección Mancontros, A Coruña 1997, selección festival de Vitoria 1997, nominación Mejor Vestuario Premios AGAPI 1998.
  • Abelenda, documental. Máster U-Matic SP. EIS. (1995). PREMIO Mellor realización e PREMIO mellor montaxe da Escola. 1995. Selección Festival Villagarcía de Arosa 96.
  • Regresión Wassily, programas entrevistas para TV: Alberto Bono (bandoneonista), Nito Davila (pintor contemporáneo), Miguel Murado (guionista). EIS. Máster Betacam SP. (1996).
  • CLIK! Garabatos, videocreación con poemas de Víctor Mozo. Máster U-Matic SP. (1994). Incluído en exposición Sala de Cultura Ayuntamiento Zamora 94. Exposición Asociación Cultural Torozos, Valladolid 95.
Compartir