Dario_Autran

Darío Autrán

Bio
Filmografia
Bio

Darío Autrán (Pontevedra, 1987) é escritor, director de cine, actor e guionista. Na súa carreira á fronte da súa propia produtora audiovisual destaca a súa ópera prima como director Tilda & Jean.

Esta longametraxe, escrita, dirigida, protagonizada e producida íntegramente por el, foi nomeada a Mellor Película para Televisión nos Premios Mestre Mateo 2014, a Mellor Película en Cinelow i Directors Emergents (2013), a Mellor Película en Cine Novissimo (2013) e a Mellor Película no Festival Cine de Autor Internacional de Lugo (2013). Ademáis de Tilda & Jean, foi o guionista e protagonista da longametraxe “Orxo” (Oroboro Films).

No ámbito teatral, Darío Autrán escribiu, dirixiu e protagonizou ata a data seis obras, todas elas estreadas en Galicia. Salamandra, Malvís e fogo e O Lugar son as máis coñecidas, sendo esta última a elixida para a apertura do Festival de Teatro con G no Torrente Ballester de Ferrol (2009).

Os seus últimos traballos foron a webserie experimental “Artemia“, finalista no II Festival Español de Webseries, as curtametraxes “Nidos de luz” e “Efectos de Mayo“.

Actualmente traballa en tres longametraxes: “Vida, obra e morte“, “De mutis” e “El tercer humanista“. Todas elas sendo o guionista e director.

Filmografia
  • ORXO / guionista, director
  • TILDA & JEAN / guionista, director, actor
  • ARTEMIA / guionista, director
  • IXIÓN / guionista, director
  • HÁBITAT / guionista, director, actor
  • NIDOS DE LUZ / guionista, director
  • EFECTOS DE MAYO / guionista, director
  • DE MUTIS / guionista, director
  • EL TERCER HUMANISTA / guionista, actor
  • VIDA, OBRA E MORTE / guionista, director, actor
Compartir