aser_alvarez

Aser Álvarez

Bio
Filmografia
Bio

Aser Álvarez (Bande, 1976).

Licenciado en Ciencias Políticas e Xornalismo e especialista universitario en Comunicación Audiovisual, pasou a infancia vendo pelis de moca no cine de Celanova, na compaña do seu amigo Xesús, o derradeiro operador cinematográfico de sala da vila. Despois de facer un par de pelis de ninjas cunha vella cámara de super 8, traballou como redactor e guionista na TVG e na Cadena Ser, gañando o premio ao mellor documental radiofónico no I Open Radio do Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona.

Fundador de Arraianos Producións Multimedia.

Director, guionista e produtor executivo de “100% CEF, unha biografía de Celso Emilio Ferreiro“, un documental polo que obtivo premios nacionais e internacionais, e “Looking for Bill Viola“, unha videocreación para un proxecto pedagóxico de achegamento á arte contemporánea a través da linguaxe audiovisual. Tamén fixo traballos de publicidade cos que obtivo varios premios e recoñecementos.

Sísifo Confuso. Traballos e días de Francisco Leiro” é a súa longametraxe documental máis recente, despois de tres anos de rodaxe entre Cambados, Madrid e Nova Iorque.

Director, guionista e produtor executivo de “Anacos de Vida” un novo formato audiovisual desenvolvido para a CRTVG.

Membro da Academia Galega do Audiovisual e da Academia Española das Ciencias e das Artes da Televisión.

Filmografia
  • 2012. “100% CEF. Unha biografía de Celso Emilio Ferreiro“, unha longametraxe documental pola que obtivo os premios Mestre Mateo ao Mellor Documental, o Xosé Aurelio Carracedo de Xornalismo e o Premio Especial do Xurado do Festival Internacional de Cine Documental de Bucarest. Este traballo clausurou a Semana da Cultura Galega do Instituto Cervantes de Berlín e foi presentado no Instituto Cervantes de Bruxelas.
  • Dende 2013. Director do Festival Internacional de Cine Rural Carlos Velo e director de Relacións Internacionais e Dinamización Cultural do Cineclub Carlos Velo.
  • 2013 e 2014. Spots e traballos de publicidade para empresas e institucións polos que obtivo varios premios nacionais, entre eles o Premio de Publicidade Comercial en Galego do Consello de RTVE e CRTVG.
  • 2014. “Traballo animal“, curtametraxe documental feita con Plácido Romero, que obtivo varios premios nacionais e internacionais, entre eles o Premio Nacional de Cine e Biodiversidade do CSIC.
  • 2015. “Carlos Velo en México“. Curtametraxe documental sobre a influencia de Carlos Velo en México, realizada para o Festival Internacional de Cine Rural Carlos Velo.
  • 2015. Director de “Looking for Bill Viola“, videocreación para un proxecto pedagóxico de achegamento á arte contemporánea a través da linguaxe audiovisual nun instituto galego, que contou coa implicación do propio Bill Viola, un dos videoartistas máis destacados do panorama internacional, e do artista español Eugenio Ampudia. Este traballo, feito con Mariana R. González, como axudante de dirección, vai ser estreado no Instituto Cervantes de Nova Iorque.
  • 2015. Director, productor e guionista de “Aquel neno chamado Xosé Neira Vilas“, peza audiovisual sobre Xosé Neira Vilas, realizada con Mariana R. Glez. como axudante de dirección.
  • 2016. Director, guionista e produtor executivo de “Sísifo Confuso. Traballos e días de Francisco Leiro” é unha longametraxe documental realizada despois de tres anos de rodaxe entre Cambados, Madrid e Nova Iorque.
  • 2016. Director, guionista e produtor executivo de “O Purgatorio de Leiro“, longametraxe documental para o programa Imprescindibles de TVE-2.
  • 2016. Productor de “Cesteando“, unha longametraxe documental de Plácido Romero para Arraianos Producións.
  • 2016. Director, guionista e produtor executivo de “Anacos de Vida” un novo formato audiovisual desenvolvido para a CRTVG.
Compartir