alfonso_zarauza

Alfonso Zarauza

Bio
Filmografia
Bio

Guionista e director, ten experiencia profesional en curtas, series, documentais e longametraxes.

Foi director de desenvolvemento de proxectos da produtora madrileña Iroko Films.

Na súa filmografía destacan as longametraxes A noite que deixou de chover (2008), Encallados (2013) e Os fenómenos (2014).

 

Premios e recoñecementos:

  • Autor do mellor guión en proxecto seleccionado polo LALIFF 06 (Los Angeles Latino International Film Festival), por “A noite que deixou de chover´´.
  • Premio ao mellor director de longametraxe en Competencia Internacional no Festival de Viña del Mar (Chile), por “A noite que deixou de chover´´.
  • Autor do mellor guión de longametraxe, premiado no Festival Internacional de Cinema Latino de Trieste 2007 (Italia), por “A ilha da morte´´ (dir.Wolney Oliveira).
  • Once nominacións aos Premios Agapi 99 pola curtametraxe “A Danza de Katiuska´´.
  • Premios Mestre Mateo 2008 a mellor guión e mellor dirección por “A noite que deixou de chover”.
  • Premio Mestre Mateo 2013 a Mellor TVmovie por “Encallados”.

 

Formación:

Técnico Superior de Producións Audiovisuais pola E.I.S Someso (96-98).

 

(fonte: AVG)

Filmografia
  • 2014   Los fenómenos (longametraxe)
  • 2013   Encallados (TV Movie)
  • 2009   O Nordés (serie TV) (13 episodios)
  • 2008   A noite que deixou de chover (longametraxe)
  • 2002   Touro (curtametraxe)
  • 2001   Sebastián (curtametraxe)
  • 1998   A danza de Katiuska
  • 1995   ¡Aproba! (curtametraxe)
  • 1993   Hay que joderse (curtametraxe)
Compartir