alejandro_marzoa

Alejandro Marzoa

Bio
Filmografia
Bio

Alejandro Marzoa Blasco nace en Vigo no ano 1979 e trasládase a Barcelona no ano 2001 onde se gradúa na Escola de Cine e Audiovisuais de Catalunya (ESCAC) no ano 2006, na especialidade de Fotografía.

A súa carreira como cortometrajista, coa que alcanza máis de 80 premios en diferentes festivais, comeza con “Temporada 92-93″ ( Escándalo Films) e continúa con Padre Modelo (Jet-Films, 2008), Cullerada (BoogalooFilms, 2009) e Amizade (BoogalooFilms, 2010).
En paralelo, dirixe as campañas publicitarias de captación de subscritores para o Real Club Celta de Vigo na tempadas 2009/2010 e 2010/2011. Dende o ano 2008 ata a actualidade, exerce como docente para a ESCAC (Escola de Cinema de Catalunya.

En 2011 codirixe xunto a Miguel Ángel Blanca o longo-documental YourLostMemories, de novo coa produtora BoogalooFilms.
Este traballo forma parte do proxecto transmedia Yourlostmemories.com, que entre outras accións, contén un portal web a xeito de oficina de super8 e 8 mm caseiras perdidas, co obxectivo de devolvelas aos seus propietarios orixinais.

En 2012 dirixe xunto a El Terrat e Vaca Films o que será a súa ópera prima Somos Gente Honrada”, protagonizada por Paco Tous, Miguel de Lira, Unax Ugalde e Manuela Vellés estreada na Sección Oficial da 16ª Edición do Festival de Málaga e coa que consegue 6 premios Mestre Mateo na XII Edición destacando os de mellor película, mellor dirección e mellor guión.

Na actualidade, compaxina a súa actividade na ficción coa de docente na ESCAC dende o ano 2008 e no mundo da música, como membro da banda Manos de Topo.

Filmografia

Curtametraxes:
“Temporada 92-93″ (Escándalo Films – 47 premios)
“Padre Modelo” (Jet Films – 12 premios)
“Amistad” (Boogaloo Films – 20 premios)
“Cucharada” (Boogaloo Films)

Publicidade:
“Campañas de Captación de Subscritores do R. C. Celta de Vigo” Tempadas 2009-2010/ 2010-2011.

Longametraxes:
“Your Lost Memories” (Boogaloo Films).
“Somos Gente Honrada” (El Terrat e Vaca Films) gañadora de 6 premios na XII Edición dos Mestre Mateo destacando: mellor película, mellor dirección e mellor guión.

Compartir