Chanfaina lab

San Sadurniño acolle o I Chanfaina Lab

O Concello de San Sadurniño servirá os días 6 e 7 de agosto de punto de encontro de 15 cineastas galegos entre máis dunha vintena de profesionais que se darán cita no primeiro Chanfaina Lab. Unha iniciativa impulsada polo que fora Director da Axencia Audiovisual Galega, Manolo González e o Concello de San Sadurniño.
A Chanfaina é un antiquísimo  prato típico da zona e que se caracteriza por estar feito coa carne do porco que se descartaba daquela para darlle ós señores feudais e coa que se facía unha especie de refugallo. Esta idea de “prato dos pobres” serve como metáfora para falar dun tipo de audiovisual que se fai desde a carencia de recursos. Así en San Sadurniño tanto autores vinculados á etiqueta de Novo Cinema Galego así como outros cineastas que teñen amosado ter unha mirada propia na súa traxectoria. A cita contará cunha notable representación de CREA xa que estarán presentes, entre outros autores, Juan Lesta e Belén Montero, Mario Iglesias, Alfonso Zarauza, Sonia Méndez, Xacio Baño e Marcos Nine.
O evento artellarase nunha triple vertente, a primeira como punto de encontro entre profesionais con características comúns á hora de crear, a segunda a proxeción de pezas que terá lugar o día 6 ás 23h no Café Bar Dzine onde se poderán ver pezas dos participantes como “Señores do vento” de Xurxo Chirro, “Conversa cunha muller morta” de Sonia Méndez, “Anacos” de Xacio Baño ou “Aarón” de Marcos Nine, entre outras. E unha terceira vertente que será a creadora desde a cal cada un dos participantes realizará unha peza audiovisual libre de entre 3 e 5 minutos e que serán presentadas en San Sadurniño o vindeiro nadal.
Video presentación.

 

 

 

Compartir