La carne cruda

Resumo de premios e seleccións en festivais da última semana.

O cinema galego goza dun gran momento e desde CREA querémonos facer eco das boas novas que se van dando semana tras semana. Boas novas que veñen desde as longametraxes ás curtas e pasando polos videoclips.
Un deses títulos que está a destacar nestes primeiros días de setembro é “Schimbare” do noso compañeiro Alex Sampayo. O filme ven de estrearse nun dos festivais de Clase A, o Festival des Films du Monde FFM de Montreal. Despois do seu paso por Canadá, o filme ten confirmadas dúas novas citas. A primeira será na prestixiosa Seminci de Valladolid, que este ano chega á súa 59 edición, e onde “Schimbare” estará a competición na sección Punto de Encuentro orientada a primeiras e segundas fitas. En Valladolid concidirá igualmente cun filme de produción galega, trátase de “El arca de Noé” codirixida por David Valero e Adán Aliaga e que conta coa produción de Frida Films. Tras o seu paso por Valladolid, o filme poderase ver por primeira vez en Galicia o 23 de novembro para clausurar a que será a 19 Edición do Festival de Cine de Ourense, OUFF que este ano se inaugurará coa estrea doutro filme galego, “A Esmorga” do director Ignacio Vilar.
Pero “Schimbare” non será o único filme galego que se estree este ano en festivais de clase A xa que recentemente acaba de facerse pública a selección do Festival Coreano de Busan BIFF onde aparece unha nova fita galégase, trátase de “Las Altas presiones” do cineasta pontevedrés Ángel Santos.

De igual maneira, o filme “Os Fenómenos” do noso socio Alfonso Zarauza que tamén estivo en Montreal ven de ser seleccionado para varias citas internacionais, do 23 ao 28 de Setembro estará na India en competición oficial no Jagram International Film Festival. Do 28 ao 30 en Londres no London Spanish Film Festival. En Outubro en Arras (Francia) e Hof (Alemania) ambos en competición oficial, e en novembro no festival do Ceará en Fortaleza (Brasil) e na República Dominicana

As boas novas continúan coas curtametraxes. “La carne cruda” do noso socio Samuel Lema ven de ser seleccionada para unha das máis importantes citas do cinema fantástico e de xénero, o Festival de Sitges onde poderá verse dentro da sección máis “salvaxe” do festival, Brigadoom. Pero esta non é a única boa nova que recibiu “La carne cruda” nestes días, despois de facerse cun dos premios do I Fancine de Lemos, o filme de Samuel Lema ven de ser seleccionado para participar a competición no  Horrible Imaginings Film Festival de San Diego, no Terror Fest de Lima e no Trash Film Fest de Tarazdin en Croacia. Ademáis, para aqueles que estén interesados, desde o facebook do filme acaban de iniciar unha campaña de venta de merchandising da curta onde poderedes atopar desde camisolas ata “dedos” podedes consultar tódolos produtos aquí.

Quenes tamén están de noraboa son os nosos socios Nani Matos e Juan Galiñanes. “Flores para Amalia” de Nani Matos acaba de recibir unha mención especial do xurado no Taranto in short. Pola súa parte o videoclip “Garden’s Road” codirixido por Juan Galiñanes e Olga Osorio segue a colleitar premios esta vez no Desert Rocks Film and Music de California onde o videoclip acadou dous galardóns, o premio á mellor produción e o premio á mellor presencia escénica.

Igualmente comezamos a saber o que será a programación de Curtocircuito, o Festival de curtametraxes de Compostela dirixido polo noso socio Pela del Álamo e que está a convertirse na cita de referencia para a curtametraxe en Galicia. Este ano ademáis da programación a competición acaban de desvelarse que Curtocircuito organizará a primeira retrospectiva do cineasta Mike Hoolboom en España. Ademáis como gran novidade a edición 2014 contará cunha potentísima sección galega na que participarán a competición varios dos nosos socios, trátase de Planeta GZ adicada ás curtametraxes galegas máis arriscadas e nela poderemos ver tanto novidades como títulos que xa veñen precedidos dunha potente traxectoria. É o caso de “Ser e voltar” do noso socio Xacio Baño que ven de presentarse no Festival de Locarno ademáis de gañar o premio á mellor curtametraxe no Festival de Cans, ou de outros títulos como “Pettring” de Eloy Domínguez Serén que puido verse, entre outros festivais en Sevilla, Málaga, S8 ou estes días no Alcances de Cádiz, ou de “Camping Wesertal” de Hugo Amoedo que puidemos ver na pasada edición de Play-Doc. Entre as novidades atopamos obras como “Matanza” do noso socio Marcos Nine que se estreará internacionalmente na cita compostelá.
Desde CREA iremos dando puntual información de Curtocircuito onde por segunda vez entregaremos o Premio CREA ó mellor director galego, premio que na pasada edición recibiu Lois Patiño polo seu traballo en “Montaña en sombra”.

 

 

Compartir