foto Susana Sotelo

Querida Gina de Susana Sotelo

Unha historia de amor que comezou hai máis de 50 anos no Hollywood español

A longametraxe documental de creación Querida Gina é un brillante relato dirixido por Susana Sotelo que constitúe unha rood movie emocional arredor da memoria, do cine, e da vida da man de dous xenuínos protagonistas que emprenden a aventura das súas vidas aos 80 anos de idade.

O Festival de Cine Cineuropa de Santiago de Compostela acollerá unha especial sesión onde poder disfrutar coa proxección dun dos traballos documentais máis destacados da cinematografía galega do pasado ano. Será este xoves 19 ás 16 horas. Todas as persoas que accedan á proxección poderán conversar con algún dos membros do equipo do filme.

querida gina

O documental fermentouse hai cinco anos e foi presentado o pasado ano e producido por Artemática. Ángel de la Cruz, produtor executivo apostou dende o principio polo orixinal punto de vista de Susana, destacando o aspecto cinematográfico do relato así como o compoñente vital dos seus protagonistas, Juan, Serafín e Tim.

Destacadas figuras profesionais como Gil Parrondo, director artístico e participante en Doctor Zhivago e Patton, José Antonio Sánchez maquillador, Teddy Villalba, colaborador de Orson Welles en Mr. Arkadin son algúns dos persoaxes que retrata o traballo de Susana Sotelo.

A sinopse

Juan e Serafín son dous homes correntes que viven nunha pequena aldea do norte de España. Pero cando están a piques de cumplir os 80 anos, un feito do seu pasado interrompe a súa calma cotiá. Acompañados do seu novo amigo galés, Tim, emprenderán unha viaxe ata Roma para cumprir o seu sono de xuventude: coñecer a Gina Lollobrigida, a diva da que se namoraron cando compartiron pantalla con ela no filme Salomón e a raíña de Saba.

Ficha técnica

Guión: Carla Rivera, Susana Sotelo.

Montaxe: Miguel Balseiro, Susana Sotelo, Ángel Hernández Zoido, Sandra Sánchez.

Música: Sergio Moure Oteyza.

Produción Executiva: Ángel de la Cruz

Produción: María Sotelo

Compartir