Querida Gina-27 TIM MOLINOS_16

“Querida Gina” de Susana Sotelo chega ás salas

A longametraxe documental “Querida Gina” dirixido pola nosa compañeira Susana Sotelo chegará esta semana á carteleira de Los Cantones Village na Coruña. O filme poderá verse na Sala 11 os días, 11, 12 e 14 de abril ás 18h. A continuación proseguirá o seu percorrido por outras cidades galegas.
O filme, unha road-movie galega rodada a través de España, Francia e Italia, conta a historia de Juan e Serafín, dous homes correntes que viven na localidade de Cans, no Concello de Porriño.
Querida Gina-108 TIM TECHO FURGO_55,24,18Cando está a piques de cumplir os 80 anos, un feito do pasado vai interromper a súa calma cotidiana e levaraos á experiencia máis emocionante das súas vidas. Xuntos emprenderán unha viaxe ata Roma para intentar ser recibidos por Gina Lollobrigida, a diva coa que compartiron, durante o seu servicio militar en Zaragoza no ano 1958, pantalla no filme “Salomón y la reina de Saba” dirixida por King Vidor.
Este é o punto de partido de «QUERIDA GINA» filme nominado aos premios Mestre Mateo.
Querida Gina-51 PICNIC RISAS_34

Compartir