Como asociarse a CREA?

Tan só tes que solicitalo a través do formulario desta páxina

Quen pode ser socio/a?

Todos os directores e realizadores galegos ou residentes en Galicia que teñan, como mínimo, dirixido e/ou realizado unha obra audiovisual que fose estreada en público.
Enténdese como estrea pública a difusión aberta a espectadores, a través de calquera forma de explotación: proxección en espazos públicos, emisión en canles de TV e/ou difusión en plataformas específicas de internet (quedando excluídas deste último apartado as plataformas xenéricas tipo youtube, vimeo, etc. ).

Canto custa ser socio/a?

Actualmente son 30 € ao ano (e non está previsto que suba de momento, xa que o noso interese é que a asociación sexa representativa e accesible a todos os profesionais, independentemente da situación económica que estean vivindo).

Como facerse socio/a?

Os pasos son os seguintes:

1. Cubre o formulario desta páxina e pulsa sobre “Solicitar”
2. Unha vez recibida, a xunta directiva valorará e aprobará a solicitude -sempre que cumpra con ese requisito mínimo-.
3. A continuación, tes que cubrir unha ficha de socio/a que che enviaremos ao teu mail; e unha vez enviada a información, xa serás socio/a de pleno dereito.

Formulario de solicitude

Cubre os datos do formulario e pulsa sobre o botón “Solicitar”. O nome e o email son obrigatorios para poder poñernos en contacto contigo. Recibirás unha confirmación do teu envío e nós un aviso. Enseguida nos poñeremos en contacto contigo.

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

O teu teléfono

Currículum / filmografía (URL ao teu CV ou filmografía)

Currículum / filmografía (Adxunta a túa filmografía ou CV)

Comentarios adicionais