Pablo Cacheda

Prosegue a boa acollida das webseries galegas

Recentemente o diario francés Liberation falaba de España como a “Campeona do mundo das series para internet”, non sabemos se esta afirmación, un tanto atrevida, reflicte fielmente a realidade pero o certo é que a proliferación deste tipo de productos, así como de eventos que lles dan cabida xa é un feito. E Galicia ocupa un rol de privilexio dentro do panorama estatal das webseries por múltiples razóns. Non só producimos unha boa cantidade destes productos, senon que ademáis contamos co primeiro festival de webseries que se celebrou no estado, o Carballo Interplay e nestes momentos podemos afirmar que en todo aquel evento que se adique as webseries a nivel estatal existe representación galega. Recentemente, o I FEW celebrado en Madrid concedía á webserie “Entre Pipas” o premio á Mellor comedia e os éxitos continúan xa que o Girona Film Fest ven de selecionar 2 webseries galegas para a súa programación deste ano.
Na cita catalana, que se celebrará entre os días 15 e 19 de xullo, poderán verse “Clases de lo social” dirixida polo noso socio Pablo Cacheda e na que aparecen nomes como Carlos Blanco, Julio Abonjo, Monti Castiñeiras ou Sabela Arán entre outros e que plantexa a idea dunhas peculiares clases nas que os mestres educan ós seus alumnos en como comportarse socialmente.
A participación galega no Festival de Girona complétase con  ”Conversas con Cunqueiro” dirixida por Jorge Boquete e que conta en clave de comedia as distintas reflexións sobre o mundo que se lle ocorren a un adolescente diante da estatua de Álvaro Cunqueiro na Praza do Humor da Coruña.
Desde CREA queresmo felicitar ós creadores de webseries galegos por tódolos éxitos que están a colleitar.
Ambas series poden verse nas súas respectivas canles de Youtube:

Clases de lo Social
Conversas con Cunqueiro

Compartir