Secuencia Final de imagen.Imagen fija007

Pablo Cacheda: “Moitos cineastas que fixeron pelis están volvendo á curta”

Rebeca e Belén, interpretadas por Antea Rodríguez e Sabela Arán, son as protagonistas de Superpunky o último traballo do noso compañeiro Pablo Cacheda que se adentra nun xénero tan pouco explorado na curtametraxe como é o musical

Secuencia Final de imagen.Imagen fija008

Como definirías Superpunky?

Superpunky é unha curtametraxe musical que parodia, precisamente, o xénero do musical. En forma de comedia cóntase a historia de Rebeca e Belén, esta última prendada do seu cantande pop favorito da infancia Quique, anteriormente “Quique y los mercenarios” e actualmente “Quique Jimenez”. Unha serie de conflictos guiados musicalmente critican de forma cómica cousas como o fenómeno fan ou a denostación hacia o pop e os cantautores.

Cal foi o principal reto á hora de dirixir esta curta?

O plantexamento das secuencias musicales sen dúbida. O deseño de audio (neste caso de Pablo Viña) nunha curtametraxe convencional normalmente pasa a un segundo plano, mentres que no caso dos musicales é prácticamente o máis importante. Plantexáronse varios tipos de secuencias musicais, os directos, os playbacks… Os actores tiveron que entender e adaptarse a este deseño xerando auténticos retos como a secuencia na que Antea Rodriguez ten que cantar en directo, nun exterior de noite con frio e chovendo a golpe de manguera… En definitiva tes que ter en conta máis factores técnicos do normal, sen esquecer as interpretacións, que no seu caso son moito máis pasadas do normal para ser paródicas no pouco tempo que permite unha curta.

Secuencia Final de imagen.Imagen fija001

Non estamos afeitos a ver curtametraxes musicais, que che levou a facela?

Cando me plantexei se quería facer unha terceira temporada de Clases de lo Social vin que non me apetecía facer o mesmo (a lo menos de momento). Eu son moi fan do xénero musical, encántame tanto en teatro como en audiovisual a pesar de que sei que é un xénero que non lle gusta a todo o mundo. Comín moito musical nos últimos meses! Plantexeillo á guionista Diana López e fixemos unha historia sen demasiados xiros pero efectiva para poder xogar (que en definitiva é para o que sirven as curtas).
Non foi fácil atopar todo o necesario para facela: cancións adaptables (as do grupo Priscila), composicións propias (as do grupo Monoulious Dop) ,actores que canten (Fernando González, Antea Rodriguez e Sabela Arán)…
Ao final conseguimos iso precisamente, facer unha curta orixinal que non estamos afeitos a ver.

 Como ves o panorama das curtas galegas actual?

Penso que están coma sempre. É verdade que a cousa cambiou co fenómeno das webseries, xa que na miña opinión sustituiron un pouco ás curtas, no sentido de que agora cando empezas nisto ás veces vas a pola webserie en lugar da curta. Isto penso que fixo que as curtas sexan “cousas máis serias” a nivel de calidade (ainda que evidentemente hai verdadeiras marabillas de webseries) Hai anos que ves curtas galegas que son verdadeiramente cine en formato pequeno (de duración), moitos cineastas que fixeron pelis están volvendo á curta. É un formato espectacular para probar cousas novas.

Tivéchedes moitas anécdotas durante a gravación?

Foi unha rodaxe moi ben planíficada, pero se cadra duas anécdotas destacan… A primeira foi na grabación da secuencia de noite con chuvia, estabamos fora de hora e era un xoves, un grupo de universitarios tiña unha cea no bar do lado da calle onde gravamos. O dono de bar estivo máis de duas horas dicindo silencio por favor cada toma. O que impedía “tomar” precisamente aos clientes. A este home débolle unhas cuantas… A segunda foi a figuración do concerto do ano 2003, un grupo de uns 45 rapaces que sen que prácticamente lles deramos explicacións da secuencia, o deron todo como se foran fans de verdade. Foi no último día de rodaxe, con todos cansados e foi un auténtico subidón para todos.

Compartir